Adam Elsheimer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Adam Elsheimer''', bautizado o de 18 de marzo de 1578 en Frankfurt am Main e inhumado o 11 decembro de 1610 en Roma, é, talvez, o máis célebre dos pintores alemáns do [[...
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
Polo seu dominio do claro-escuro e a perfección dos seus cadriños, tivo (xunto con Caravaggio) unha carreira fulgurante, cortada por unha morte precoz en 1610, un papel determinante na elaboración da chamada pintura de historia « moderna », superando ambos o [[maneirismo]] e anunciando o grande estilo barroco do XVII.
 
==Biografía===
Fillo dun xastre, recibíu a súa formación inicial. entre 1593 e 1598, no taller de Philip Uffenbach en Frankfurt.
 
Despois de deixar a súa cidade natal, chegou a Veneia, onde traballlou con Hans Rottenhammer, aprendendo de el o gusto polas pinturas sobre cobre. Desa época copre destacar un cadriño da ''Sagrada Famiia con anxos'' de [[1599]], conservado hoxe en Berlín, que mostran influencias, no uso das cores dos grandes venecianos ([[Tiziano]], [[Tintoretto]] e [[Paolo Veronese]]).
 
En [[1600]] pasou a residir en Roma, converténdose ao [[catolicismo]] no [[1606]]. Deste período é a [[Educación de Baco]], agora en Frankfurt, unha paisaxe con figuras mitolóxicas, ligado á concepción maneirista da paisaxe da escola holandesa, derivada de [[Paul Brill]].
 
Nestes mesmos anos interesouse nos contrastes lumínicos que observou nas obras de Caravaggio, e máis nas paisaxes de ispiracións clasicas de [[Annibale Carracci]] e do [[Domenichino]], buscando plasmar nas súas obras composicións monumentais, como na paisaxe con Aurora (Herzog-Anton-Ulrich Museum, en Braunschweig). De [[1609]] data a paisaxe nocturna da ''Fuga a Egipto (Alte Pinakothek, Munich).
 
O nocturno de ''Filemón e Baucis'' (Dresden), con un tema tirado das Metamorfoses de [[Pubio Ovidio Nasón|Ovidio]], está tratado con un ton intimistia que outorga vida a un mundo fabuloso, no que os deuses son a aparición concreta do divino.
 
==Seguidores==
Son sobretodo as alemáns os seu prinicipais seguidores: J[[ohann König]] e [[Thomas von Hagelstein]], mentres en Roma un dos que formou parte do seu círculo foi o grande [[Rubens]]. [[Rembrandt]] coñeceu a súa obra através de [[Hendrik Goudt]] e o seu mestre [[Pieter Lastman]]. No que fai a respeito da pintura paisaxística, Elsheimer preparou o camiño para Claude Lorrain, e os paisaxistas holandeses [[Cornelis van Poelenburgh]], [[Bartholomeus Breenbergh]], [[Jan Pynas|Jan]] e [[Jacob Pynas]].