Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
En [[1843]] escribiu dúas obras importantes: "De la Création de l’Ordre dans l’Humanité" e ''[[Système des contradictions économiques ou Philosophie de la misère]]''. Esta última deu lugar a unha réplica de [[Karl Marx|Marx]], quen dialecticamente escribiu un ano despois ''[[Misère de la philosophie]]''.
 
Proudhon coñeceu a Marx en [[París]]; ao ano seguinte ([[1845]]) coñecerá a [[Mikhail Bakunin]]. E aínda que é verdade que Proudhon recibiu a influencia do novo filósofo alemán, non é menos certo que, á súa vez, influíu grandemente sobre el. Baste recordar que Proudhon foi o primeiro que falou do socialismo como ciencia, na súa obra ''Qu'est-ce que la propriété?'' Marx admiraba este libro e fixo del un grangrande eloxio en "Die heilige Familie" ao afirmar que reviste unha importancia polo menos igual ao folleto do abateabade [[Emmanuel Joseph Sièyes]], ''Qu'est-ce que le tiers état?'' Di textualmente [[Karl Marx|Marx]]: "''Proudhon non escribe soamente en nome dos proletarios; el mesmo é un proletario. A súa obra é o manifesto científico do proletario francés e presenta unha importancia histórica distinta da elucubración literaria dun crítico calquera''".
 
En [[1848]] Proudhon é elixido deputado á [[Asemblea Nacional Francesa|Asemblea Nacional]], ao proclamarse a [[Segunda República Francesa|Segunda República]]. No seo dese corpo lexislativo combate a proposta do reformista [[Louis Blanc]], "''cuxos talleres nacionais adormentan aos proletarios sen concederlles nada do esencial''". Nese medio republicano-burgués aparece como un estraño disidente. El mesmo escribe nos seus Cadernos: "''Estes deputados asómbranse de que eu non teña cornos e garras''". Con todo, as súas ideas, a través do xornal que publica, "Le representant du peuple", chegan a ter entón grangrande influencia nos estratos populares de París. Cando o xeneral [[Louis Eugène Cavaignac]] reprime violentamente a revolta Popular do [[23 de xuño]], seiscentos noventa e un dos seiscentos noventa e tres deputados da Asemblea aproban a súa conduta: Proudhon é un dos dous que a condena.
 
En tal ocasión pronuncia un soado discurso, onde opón taxativa e radicalmente, como nunca ninguén se atreveu a facer ata entón, a burguesía e o proletariado, afirmando que "''o proletariado realizará unha nova orde, por encima da lei establecida, e procederá a unha liquidación da burguesía''". Neste momento, Proudhon, que polo xeral ten unha posición non violenta, porque confía nos mecanismos da organización económica, asume unha actitude belixerante, que ben poderiamos chamar "de forza". "''A esperanza de chegar pacificamente á abolición do proletariado -di- é unha pura utopía''". Pouco despois, como reafirmando a idea da loita de clases, engade: "''Pertenzo ao partido do traballo contra o capital''".
Liña 26:
Nunha ocasión, ao regresar por motivos privados a Francia, é descuberto, e encerrado na famosa prisión de Santa Pelaxia. Alí dedícase con apaixonado fervor ao estudo e escribe, entre outros libros, ''Idée générale de la Révolution au dix-neuvième siècle''. Mantén tamén unha nutrida e clandestina correspondencia con moitas figuras da oposición, e propicia unha alianza do proletariado coa clase media para derrocar a Luís Napoleón, actitude que lle será reprochada por algúns socialistas, os cales recordaban que poucos anos antes Proudhon contrapuxera dun modo tallante o proletariado e a burguesía.
 
En [[1858]] escribe, contra o católico [[Mirecourt]], unha das súas máis extensas e importantes obras histórico-filosóficas: "De la justice dans la Révolution et dans l’Église", que lle vale unha nova condena polo seu ataque contra a relixión do Estado, e un novo exilio en Bélxica. Unha amnistía permítelle retornar ao seu país, onde en [[1863]] publica outra das súas obras fundamentais: "Du Principe fédératif". Nela desenvolve amplamente a súa concepción do federalismo integral, que pretende non só descentralizar o poder político e facer que o Estado central se disgregue nas comunas, senón tamén, e ante todo, descentralizar o poder económico e pór a terra e os instrumentos de produción en mans da comunidade local dos traballadores. Este concepto do federalismo é quizáquizais o que mellor resume esa totalidade móbil que é o pensamento de Proudhon.
 
Nos últimos dous anos da súa vida escribe outra obra de grangrande importancia doutrinal, que inflúe decisivamente na formación ideolóxica dos fundadores da [[Primeira Internacional]]: "De la Capacité politique des classes ouvrières", aparecida en [[1865]].
 
O pensamento de Proudhon parte, ante todo, da filosofía da [[Ilustración]]. Os empiristas ingleses ([[Locke]], [[David Hume]] etc.) e os enciclopedistas franceses, como [[Voltaire]], [[Claude Adrien Helvetius|Helvetius]], e particularmente [[Diderot]], son con frecuencia os alicerces tácitos ou explícitos dos seus desenvolvementos doutrinais. Ataca duramente a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] (como antes [[William Godwin|Godwin]] e despois [[Mikhail Bakunin]]), pero toma del algunhas das súas ideas básicas.
Liña 35:
 
== Discusións entre Marx e Proudhon ==
As cordiais relacións entre Proudhon e [[Karl Marx|Marx]] non duraron moito. Marx, que rompeu con cantos lle precederon, quixo atacar, en certo momento, ao alemán [[Grün]], representante do chamado "verdadeiro socialismo", e quixo arrastrar consigo a Proudhon, o cal, o mesmo que [[Bakunin]], non se prestou a iso. Velaquí o que en tal ocasión escribe o "pai do socialismo francés" ao "pai do socialismo alemán": "''Logo de demoler todos os dogmas'' a priori'', non caiamos, á nosa vez, na contradición do voso compatriota [[Martiño Lutero]]; non pensemos tamén nós en adoutrinar ao pobo; manteñamos unha boa e leal polémica. Demos ao mundo o exemplo dunha sabia e previsora tolerancia, pero, dado que estamos á cabeza do movemento, non nos transformemos en xefes dunha nova intolerancia, non nos situemos como apóstolos dunha nova relixión, aínda que esta sexa a relixión da lóxica''".
 
Marx ataca a Proudhon cando este publica o seu Sistema das contradicións económicas, tres ou catro anos logo de encomialo polo libro ''[[Qu'est ce que la propriété?]]''.