Diferenzas entre revisións de «Tancredo de Hauteville»

Arranxos
(Arranxos)
}}
 
'''Tancredo de Hauteville''' (en [[latín]], ''Tancredus de Altavilla''; en [[lingua italiana|italiano]], ''Tancredi d'Altavilla''), nado contra finais do [[século X]] no Ducado de Normandía e finado contra [[1041]], foi un [[señorío|señor]] [[Normandos|normando]] da [[nobreza|baixa nobreza]], que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a [[Italia]] meridional aos [[Imperio bizantino|bizantinos]] ([[1040]]-[[1071]]), dee [[Sicilia]] ([[1061]]-[[1091]]) e da illa de [[Malta]] ([[1090]]) aos [[Islam|musulmáns]].
 
Gobernou un [[feudo]] achegado a [[Coutances]], no [[Cotentín]], na actual rexión da [[Baixa Normandía]].
 
== Matrimonios e descendencia ==
Tancredo tivo 12 fillos das súas dousdúas esposas (sobre as que se afima que ambas as dúas eran fillas do duque [[Ricardo I de Normandía]], aínda que baseándose nunha testemuña tardía de dubidosa credibilidade.<ref>[http://sbaldw.home.mindspring.com/hproject/prov/richa001.htm Richard II, Duke of Normandy, 996-1026].</ref>, así como un número indeterminado de fillas. Case todos os seus fillos deixaron [[Normandía]] e trasládaronse ao sur de [[Italia]], conseguindo gran sona nese lugar.
 
* Da súa primeira esposa, Muriella, morta prematuramente, naceron cinco fillos varóns:<ref>Segundo [[Gaufredo Malaterra]]: ''...Tancredus nomine, duxit uxorem, moribus et genere splendidam mulierem, nomine Moriellam, ex qua legali successione annorum quinque filios, postea futuros comites, suscepit: Willelmum videlicet cognomine Ferrea-brachia, Drogonem, Humfredum, Gaufredum et Serlonem.''</ref>
** [[Hunifredo de Hauteville|Hunifredo]], conde de Puglia, morto en 1057).
 
Segundo [[Amatus de Montecassino]], cronista italiano das conquistas normandas no sur de Italia, Tancredo fora un home dunha moralidade moi estrita, que non estaba disposto a manter unha relación en pecado, polo que casou novamente, ao non ser capaz de vivir en perfecto celibato.
* Coa súa segunda esposa Fressenda (ou Fredesenda) tivo sete fillos varóns e polo menos unha filla:<ref>Segundo Gaufredo Malaterra: ''Ducta vero Frensendis vocabatur, generositate et moribus priore non inferior, quae legitimis terminis marito septem peperit filios, non minoris pretii vel dignitatis a praedictis fratribus, quorum nomina subtitulamus hic: primus Robertus, dictus a nativitate Guiscardus, postea totius Apuliae princeps et Calabriae dux, vir magni consilii, ingenii, largitatis et audaciae; secundus Malgerius, tertius Willelmus, quartus Alveredus, quintus Hubertus, sextus Tancredus, septimus Rogerius minor, postea Siciliae debellator et comes''.</ref>
** [[Roberto Guiscardo]], conde de Puglia e [[Calabria]] (1057), e despois duque de Puglia, Calabria e [[Sicilia]]. Morreu en 1085.
35.094

edicións