Oso polar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 115:
Os pobos índixenas do Ártico cazan osos pola súa graxa e pel. Canadá permite a cazar aos estranxeiros, se van guiados por un [[inuit]] na súas zorras de cans. A pesar de que foi florecente no século pasado, este tipo de actividade está en declive actualmente. O interese polas peles de oso diminuíu, así como os seus prezos. Unha pel que se vendía por 3.000 dólares atinxe hoxe o prezo máximo de 500 dólares.
 
Certas actividades humanas como a exploracionexploración de gas e [[petróleo]], o [[turismo]], a investigación científica e deportes na neve, perturban o animal no seu ambiente. A contaminación ambiental é outra ameaza. Estando no cumio da cadea trófica, o oso polar concentra substancias tóxicas no seu organismo. A cantidade de [[metais pesados]] e hidrocarburos clorados mostra unha curva ascendente en mostras de tecidos.
 
Os derramamentos de petróleo tamén afectan os osos polares. O petróleo é altamente tóxico e de lenta descomposición, sendo inxerido polo animal cando este se alimenta ou executa o seu aseo.