Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m correccións con AWB, replaced: Mercader → mercador, typos fixed: búsqueda → busca using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=venda
Liña 17:
Non lle faltaron produtores fóra de España, e non só para as súas incursións no xénero de terror, xa que tamén tocou todo tipo de xéneros: comedia, drama, musical e mesmo o porno. En 1965 traballou como director da segunda unidade para [[Orson Welles]] en ''Campanadas a medianoche'', co que repetiría nos proxectos inacabados ''La isla del tesoro'' e ''Don Quijote''. Pero foi en 1967 cando gañou o clamor do público a nivel internacional, coa súa película ''[[Necronomicon]]'', que foi presentada no [[Festival Internacional de Cine de Berlín|festival de Berlín]].
 
Porén, as súas películas non sempre eran ben acollidas pola crítica ou o público. De feito, boa parte de crítica e público empezou a rexeitar e desprezar as súas ''aloucadas'' ideas. Así, centrouse en realizar películas de baixo presuposto e cunha velocidade asombrosa, chegando a lanzar seis, sete ou incluso máis títulos ó ano, traballando con moitas productoras en numerosos países, e incluso chegando a crear a súa propia (Manacoa Films). Este feito levouno a estrear moitos dos seus títulos baixo pseudónimos, "por recomendación das productoras, para non saturar o mercado cinematográfico", segundo explicou. En realidade a razón fundamental do uso de pseudónimos era a busca dunha mellor ventavenda da película, con nomes que soasen ben no mercado internacional e que soasen novidosos. Así, asinou algúns dos seus traballos como David Khunne, John O'Hara, Clifford Brown ou Pablo Villa.
 
Debido á su enorme capacidade de produción, tamén aproveitaba moitas veces o elenco dunha rodaxe para embarcarse nun novo proxecto, utilizando o mesmo material e os cartos sobrantes do proxecto anterior, o que explica por que a maioría dos seus filmes son de baixo presuposto. Chegou mesmo a aproveitar as mesmas escenas para diferentes películas.