Diferenzas entre revisións de «Bosque de ribeira»

m (Arranxos varios)
É propio destes bosques a localización das especies nun sentido transversal ao curso do río, sendo as máis esixentes en humidade as máis achegadas a el, que afunden as súas raíces no mesmo leito, coma ocorre cos [[salgueiro]]s, mentres que as menos esixentes aparecen afastadas varias decenas (ás veces até centos) de metros (tralo salgueiro, o [[amieiro]], despois [[freixo]]s, [[umeiro]]s, [[tamargueira]]s, [[loureiro]]s, [[cancereixo]]s, [[sabugueiro]]s, e unha gran variedade arbustiva e herbácea ([[xunco]]s, [[espadana]]s, [[silveira]]s, [[hedra]]s e [[fento]]s).
 
Na [[Europa atlántica|faixa atlántica]] a árbore raíña do bosque de ribeira é o [[amieiro]] (''Alnus glutunosa''). A formación de amieiros recibe o nome de '''ameal'''. Na conca mediterránea os [[lamigueiro]]s (''Populus sp.'').
 
===A ripisilva galega===
En Galicia aos bosques de ribeira séguenlle naturalmente as [[carballeira]]s ou as [[fraga (botánica)|fragas]]. Entre as especies máis típicas das ribeiras galegas salientan:
====Estrato arbóreo====
* En primeira liña o [[amieiro]] (''Alnus glutinosa''), e os [[salgueiro]]s (''Salix alba'', ''Salix atrocinerea'').
* A seguir: os [[freixo]]s (o [[freixo común]] no norte de Galicia, e o [[freixo de folla estreita]] no sur), o [[Bidueiro pubescente|bidueiro]] (''Betula celtiberica''), a [[abeleira]] (''Corylus avellana''), o [[pradairo común|pradairo]] (''Acer pseudoplatanus''), a [[Cerdeira|cerdeira brava]] (''Prunus avium''), e o [[umeiro]] (''Ulmus minor'').
* Nunha última faixa aparece: o [[carballo común]] (''Quercus robur''), a [[pereira brava]] (''Pyrus cordata''), o [[loureiro]] (''Laurus nobilis''), e o [[castiñeiro]] (''Castanea sativa'').
* Como especies invasoras aparecen a [[falsa acacia]] (''Robinia pseudacacia'') e recentemente a [[Árboreárbore do ceo]] (''Ailanthus altissima'').
 
====Estrato arbustivo====
10.315

edicións