Río Anllo: Diferenzas entre revisións

río da provincia de Lugo, afluente do Miño
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Anllo''' é un pequeno río galego, na provincia de Lugo, España, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita. ==Percorrido=...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2007 ás 15:30

O Anllo é un pequeno río galego, na provincia de Lugo, España, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Percorrido

O Anllo está formado da unión de diversos regos, que conflúen nas cercanías de Gontán, no concello lucense de Abadín. Logo de atravesar ese municipio penetra no de Cospeito, para logo pasar ao de Castro de Rei, onde desauga no Miño, á altura do lugar de Amorín, despois dun percorrido de 42 km.

Réxime hídrico

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico, sendo a media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais.

Étimo

Pode corresponder á un étimo latino *rivu angulu "río en ángulo", posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.