Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
eleccións 2007
Liña 62:
Xeograficamente Abadín está situado no norleste da Terra Chá. O concello está atravesado pola [[Serra do Xistral]], a [[Cordal de Neda]] e os ríos [[Río Labrador|Labrador]] e [[Río Abadín|Abadín]]. A altitude media sitúase nos 500 m., pero o punto máis elevado é Lombo Pequeno con 1.015 m.
 
A paisaxe de Abadín ven configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos [[Río Ouro|Ouro]], [[Río Labrada|Labrada]] ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, [[Río Anllo|Anllo]], Arnela e Fraga Vella (na súa maioría son regatos) e rodeado de montes. Dentro deste releve montañoso destacan as serras de [[Cordal de Neda]], Toxoso, Tremoal, Coto da Cal e A Fraga de Vigas xunto coas montañas de Costa do Sol e O Picouto, O monte Neda constitúe un [[vértice xeodésico]] para o Mapa Topográfico Nacional.
 
'''Clima:''' A temperatura media anual é suave, arredor de 10°C. e as precipitacións son elevadas, 1799 mm./ano. Os invernos son fríos e chuviosos e os veráns secos. <br> O clima dominante é de tipo [[clima oceánico|oceánico]]-[[clima continental|continental]].