Día dos Namorados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Meses}}; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4042205 de BanjoBot 2.0 (conversa)
Liña 3:
O '''Día dos namorados''' é unha celebración que ten lugar na maioría dos países o [[14 de febreiro]] coincidindo co '''día de [[Valentín de Terni|San Valentín]]'''. Este médico convertido en sacerdote na Roma do século III é o santo patrón dos namorados.
 
== Orixes ==
Moitas das lendas que os rodean actualmente foron probablemente inventadas durante a [[Idade Media]] en [[Francia]] e [[Inglaterra]], cando o día festivo de 14 de febreiro empezou a ser asociado co ''amor'', a raíz da historia de San Valentín, que sería executado un 14 de febreiro ao non querer renunciar ao cristianismo, e casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador [[Claudio II]]. Outra lenda di que é patrón dos namorados porque a súa festa coincide co momento do ano en que os paxaros empezan a apreixarse e comezan a facer os niños.
 
Liña 14:
Menciónase tamén a existencia dun terceiro Valentín, bispo de Rhétie, polo século V.
 
== Comezo da celebración ==
Até finais do século V celebrábase en [[Roma]] a festa das [[Lupercais]], unha festa de purificación que tiña lugar o [[15 de febreiro]], ao remate do ano romano, que comezaba o 1 de marzo. Na celebración, 12 luperques, sacerdotes de Faunus, sacrificaban un chibo ao seu deus na gruta do [[Lupercal]] (ao pé do Palatino) onde, segundo a lenda, a loba aleitara aos irmáns [[Rómulo e Remo]]. No ano [[494]], o Papa [[Xelasio I, Papa|Xelasio I]] (492-496), prohibiu e condenou esta festa pagá. Elixiu [[Valentín de Terni|San Valentín]] como santo patrón dos noivos e namorados, e publicou que se lle consagraría esta data.
 
Liña 27:
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Meses}}
 
[[Categoría:Relixión]]