Sucesos de Casas Viejas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 5:
O [[11 de xaneiro]] de [[1933]] tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como [[Benalup-Casas Viejas]]) unha revolta protagonizada por un grupo de [[anarquistas]] da [[CNT]] que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, desituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Firen de morte ao sarxento e a un dos números, peron non conseguen os seus propósitos.
 
Inmediatamente, enterado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros no pobo, incendiaron a casa na que se refixiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboneiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.
 
Coñecidos os feitos en toda [[España]] prodúxose un gran escándalo parlamentario e periodístico que como se sinalou antes produxo a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.