Xesús Froiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario de Lugo, que abandonou por enfrontamentos coas autoridades eclesiásticas e retornou a Lalín. Colaborou en ''[[La Zarpa]]'' e ''[[Verdad y Justicia (Lalín)|Verdad y Justicia]]'' e publicou poemas en ''[[Eco de Galicia]]'' co pseudónimo “o cantor do bosque”. En 1928 fíxose correspondente de ''[[Faro de Vigo]]'' en Lalín. Colaborou cos republicanos dirixidos por [[Manuel Ferreiro Panadeiro|Manuel Ferreiro]] nas súas primeiras campañas en 1930. Coa proclamación da República foi nomeado garda municipal. Seguiu colaborando na prensa local, formandodirixiu o periódico ''[[La Nueva España (Lalín)|La Nueva España]]'' e formou parte da redacción do periódicode ''[[Razón (Lalín)|Razón]]'', onde tamén asinou poemas co pseudónimo de RECAREDO. Ingresou no Grupo Galeguista de Lalín en 1934 e colaborou en ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' con poemas e artigos dirixidos ás [[Mocedades Galeguistas]]. Participou na campaña das [[Eleccións Xerais 1936 en España|eleccións de febreiro de 1936]] e na do Plebiscito do [[Estatuto de Galicia de 1936|Estatuto]].
 
Ao producirse [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido o 4 de agosto. Torturado, permaneceu no cárcere ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a [[Manuel Guillán Abalo]]; da Prisión de Silleda sacaron a [[Ramón Muíños Lorenzo]] e preto da [[A Estrada|Estrada]], no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, os tres foron asasínanos. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron.
 
== Véxase tamén ==
Liña 12:
* [http://dezahistorias.blogaliza.org/2012/08/30/seis-republicanos-paseados-na-estrada/ Seis republicanos paseados na Estrada], artigo de Manuel Igrexas.
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/15536/ Ficha en Nomes e Voces]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Froiz Gomez, Xesus}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]