Diferenzas entre revisións de «Diego Velázquez»

m (Idade)
 
[[Ficheiro:Velazquez-las hilanderas.jpg|400px|miniatura|center|''[[A fábula de Aracné]]'' ([[1658]]). A composición organízase en distintos planos de luz e de sombra moi contrastados entre eles. Segundo os especialistas, foi neste cadro onde alcanzou maior dominio da luz.]]
Despois de pintalo Velázquez, engadíronselle 4 bandas suplementando os catro lados do cadro: o superior aumentouse uns 50&nbsp;cm, ao redor de 22&nbsp;cm o lateral dereito, 21 o esquerdo e uns 10&nbsp;cm o lado inferior.<ref name="JB70">[[#BrownTecnica|Brown]], ''Velázquez. La técnica del genio'', pp. 200-204.</ref> Sendo as medidas finais 222&nbsp;cm de altura ye 293 de anchura.
 
Está executado de forma moi rápida sobre un fondo alaranxado empregando mesturas moi fluídas. As figuras en primeiro plano están difuminadas, definidas con toques rápidos que provocan que sexan borrosas, e más ao fondo, este efecto aumenta sendo as pinceladas máis breves e transparentes. Á esquerda aparece unha [[Roca|máquina de fiar]] cuxos radios se adiviñan nunha borrosa impresión de movemento. Velázquez resaltou este efecto dispoñendo no interior da circunferencia uns toques de luz que suxiren fugaces reflexos dos radios en movemento.<ref name=JB70/>
237.272

edicións