Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2427459
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o substantivo "diferencia(s)".
Liña 13:
 
== Pensamento ==
Husserl é o creador da [[Fenomenoloxía]]. Atendendo á súa etimoloxía esta expresión significa ''ciencia dos fenómenos''. Con ela Husserl pretendía elaborar unha [[filosofía]] rigorosa de alcance universal capaz de propoñer uns principios sólidos nos que asentar a convivencia pacífica de toda a humanidade. Tales principios non poden derivarse das diferenciasdiferenzas subxectivas e culturais que separan a uns seres humanos doutros, senón da [[Razón]]. Esta última , xa desde a [[Grecia clásica]], considerase unha facultade común a todos nós e que nos proporciona a condición específica de seres humanos. O obxectivo perseguido, polo tanto, consiste en fundar universalmente na Razón a vida humana. Con este fin tería xurdido a filosofía en Grecia, subministrándolle desde entón a Europa os seus sinais de identidade. Mais, como o proxecto europeo é un proxecto da Razón, en consecuencia, tamén coincidiría co proxecto da humanidade. De todas formas, Husserl cre que no seu tempo este proxecto está en perigo. De aí que vexa a súa como unha época de decadencia. Por iso, a fenomenoloxía xurde como un intento de reconducir a situación social e intelectual europea cara o que segundo Husserl debe ser o destino (''telos'') de Europa: unha cultura racional de alcance universal.
 
A filosofía fenomenolóxica pasa por dous momentos:
* '''Fase crítica''': desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de caracter ético-político. Desde esta perspectiva a Fenomonoloxía convertese fundamentalmente nunha crítica do [[Positivismo]] e do [[Psicoloxismo]] filosóficos.
 
* '''Fase constructiva''': elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de caracter teórico ([[ciencia]]) e práctico ([[ética]]). Desde o punto de vista constructivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as [[esencia]]s dos fenómenos) e, por outra, un [[Método científico|método]] necesario para acadar esas esencias.
'''Fase crítica''': desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de caracter ético-político. Desde esta perspectiva a Fenomonoloxía convertese fundamentalmente nunha crítica do [[Positivismo]] e do [[Psicoloxismo]] filosóficos.
 
'''Fase constructiva''': elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de caracter teórico ([[ciencia]]) e práctico ([[ética]]). Desde o punto de vista constructivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as [[esencia]]s dos fenómenos) e, por outra, un [[Método científico|método]] necesario para acadar esas esencias.
 
A parte metodolóxica é a aportación máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na ''dúbida'' [[Descartes|cartesiana]] que pon en suspenso (''epokhé / Einklammerung'') a [[existencia]] do mundo así como toda crenza ou opinión recibida culturalmente. Deste xeito pódese describir o que se presente (fenómeno) á razón humana en absoluta ausencia de prexuízos. Coñécese co nome de ''método fenomenolóxico da redución''. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como '''''ciencia das esencias'''''. As ''ciencias empíricas'' refírense só a fenómenos da experiencia sensible ([[Positivismo]]), pero como en todo feito sensible hai unha esencia (''eidos''), só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha '''''ciencia da conciencia'''''. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia (é obxecto para unha conciencia que a pensa) hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria, principio de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha '''''conciencia pura''''', isto é, unha estrutura transcendental independente de toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa '''''subxectividade transcendental''''' . Segundo Husserl a propiedade esencial desta conciencia é a ''[[intencionalidade]]''. Esto quere dicir que a conciencia é sempre "conciencia de algo", isto é, posúe unitariamente un caracter bipolar. Por exemplo, en toda percepción hai, ademais do acto de percibir, o percibido. Ós actos da conciencia en xeral (referidos ó suxeito) chámalles ''[[noesis]]'', e ós contidos deses actos (referidos ó obxecto) ''[[noema]]''. A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de '''''intersubxectividade''''': o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango [[ontoloxía|ontolóxico]].