Pobo hutu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección do substantivo "diferencias".
Liña 1:
[[Ficheiro:Children in Virunga National Park.jpg|dereita|miniatura|250px|Cativos en Ruanda.]]
 
'''Hutu''' é o nome dado a un dos tres grupos étnicos que ocupan [[Burundi]] e [[Ruanda]]. Os hutu son o maior grupo dos tres. O 90% dos ruandeses e o 85% dos burundianos son hutu. Culturalmente trátase dunha división artificial, baseada máis na clase social que nas diferenzas étnicas, dado que non hai diferenciasdiferenzas lingüísticas ou culturais entre os hutu e os demais grupos étnicos da zona, principalmente os [[tutsi]]. Historicamente, porén, había diferenciasdiferenzas físicas, principalmente na altura media. Os hutu e os tutsi comparten a mesma relixión e linguaxe (son católicos e de idioma [[bantú]]). Algúns estudosos sinalan tamén o importante papel que teñen os colonizadores belgas en crear a idea dunha raza hutu e unha raza [[tutsi]].
 
Os hutu chegaron á rexión dos [[Grandes Lagos Africanos|Grandes Lagos]] ao redor do [[século I]] d.C., desprazando aos [[Twa]]. Os hutu dominaron a zona cunha serie de pequenos reinos ata o [[século XV]]. Crese que nesa época entraron os [[tutsi]] na zona dende [[Etiopía]] e conquistaron aos hutu. A monarquía tutsi sobreviviu ata o fin da era colonial nos anos cincuenta, usando e codificando os gobernantes belgas a división étnica para apoiar o seu dominio. A monarquía tutsi caeu cedo e a zona foi dividida en [[Ruanda]] e [[Burundi]] en [[1962]]. Os tutsi, porén, permaneceron dominantes en [[Burundi]] mentres que os hutu gañaron un certo grao de control en [[Ruanda]].