Joma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
'''Joma''' é unha empresa [[España|española]] de roupa deportiva e material deportivo situada en [[Portillo de Toledo]], en [[Castela-A Mancha]].
 
Joma fundouse en [[1965]] e comezou fabricando e distribuíndo [[calzado]] en xeral. Non foi ata 1968 cando a marca decidiu enmarcarse dentro do sector do calzado deportivo e de tempo libre. Tras uns anos de éxito relativo, Joma lánzase ao [[fútbol]], e nos anos 1992, 1994 e 1998 é o líder en vendas de fútbol do mercado español. En 1999 é considerada a terceira marca en España logo de [[Nike]] e [[Adidas]] do sector deportes e a primeira en fútbol. Nos anos 1990 entrou no mercado do calzado para baloncesto competindo cas marcas internacionais do sector. Entón a empresa só fabricaba en España, na súa publicidade mencionaba este feito e que non empregaba man de obra barata. Parte da súa produción faise agora en China.
 
Actualmente, a súa actividade principal é a fabricación e comercialización de calzado e téxtil deportivo, especializada en produtos técnicos para o [[fútbol]], [[atletismo]], [[fútbol sala]] e [[tenis]]. En Portillo de Toledo conta cuns 15.000 m² de nave e outros 70.000 m² anexos.