Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: faltaba unha sílaba
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=transplante
Liña 231:
 
== Historia ==
No século XIX certas accións testiculares foron asociadas cunha fracción do sangue circulante (que hoxe sabemos contiña unha familia de hormonas androxénicas) nos traballos iniciais sobre a castración de aves e trasplantetransplante testicular feitas por [[Arnold Adolph Berthold]] (1803–1861).<ref name="Berthold_1849">{{Cita publicación periódica |author = Berthold AA | title = Transplantation der Hoden | trans_title = Transplantation of testis | language = German | journal = Arch. Anat. Physiol. Wissensch. |volume = 16 |issue = |pages = 42–6 | year = 1849 | pmid = | doi= | url =}}</ref> A investigación sobre a acción da testosterona recibiu un breve pulo en 1889, cando o profesor de Harvard [[Charles-Édouard Brown-Séquard]] (1817–1894), entón en París, se autoinxectou subcutaneamente un “elixir de rexuvenecemento”, que consistía nun extracto de testículo de testículo de can e de cobaia. Informou na revista ''The Lancet'' que o seu vigor e sensación de benestar se recobraran claramente pero, como era previsible, os efectos eran transitorios <ref name="Brown-Sequard_1889">{{Cita publicación periódica |author = Brown-Sequard CE | title = The effects produced on man by subcutaneous injections of liquid obtained from the testicles of animals |language = | journal = Lancet |volume = 2 | issue = 3438|page = 105| year = 1889 | doi = 10.1016/S0140-6736(00)64118-1| url =}}</ref> (e principalmente baseados no efecto placebo), e as esperanzas de Brown-Séquard sobre este composto cesaron. Ao sufrir a ridiculización por parte dos seus colegas, os seus traballos sobre os mecanismos e efectos dos andróxenos nos seres humanos foron abandonados tanto por Brown-Séquard coma polas seguintes xeracións de bioquímicos durante os seguintes 40 anos.
 
Non se reanudaron os traballos ata que en 1927 o profesor de Fisioloxía da Universidade de Chicago Fred C. Koch e o seu discípulo, Lemuel McGee, extraeron 20&nbsp;mg unha substancia a partir de 40 libras de testículos bovinos, a cal, cando se administraba a galos, porcos e ratas castrados, facía que se remasculinizasen.<ref name="Gallagher_Koch_1929">{{Cita publicación periódica | author = Gallagher TF, Koch FC | title = The testicular horomone |journal = J. Biol. Chem. | volume = 84 | issue = 2 | pages = 495–500 | year = 1929 | pmid = | doi = | url =}}</ref> O grupo de Ernst Laqueur na Universidade de Amsterdam purificou a testosterona a partir de testículos bovinos dun modo similar en 1934. Mais a obtención de suficientes cantidades da hormona de tecidos animais que permitisen facer estudos serios en humanos conseguírona tres compañías farmacéuticas europeas: [[Schering]] (de Alemaña), [[Organon International|Organon]] (de Holanda) e [[Ciba]] (de Suiza), que desenvolveron na década de 1930 estudos a gran escala con esteroides.