Wenceslao Fernández Flórez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Obra: Imaxe
Moedagalega (conversa | contribucións)
Recompúxose unha ligazón interna para a acomodar a unha entrada de nova creación.
Liña 5:
Fillo maior de Wenceslao Fernández e de Florentina López, quedou orfo de pai con quince anos, o que o obrigou a deixar os estudos e traballar como xornalista. Empezou no diario coruñés ''[[La Mañana (A Coruña)|La Mañana]]'' e posteriormente colaborou en ''[[El Heraldo de Galicia]]'', ''[[Diario de La Coruña (1902)|Diario de La Coruña]]'' e ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]''. Con 18 anos dirixiu ''[[Diario Ferrolano]]''. Despois pasou a dirixir ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'' da [[A Coruña|Coruña]]. En [[1914]] foi a [[Madrid]] como empregado na Dirección General de Aduanas, pero abandonou ese cargo para traballar en ''[[El Imparcial (España, 1867)|El Imparcial]]'' e pouco despois en ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', onde empezou a sección "Acotaciones de un oyente", unha serie de crónicas parlamentarias que o fixeron moi famoso, e que logo reunirá en ''Crónicas parlamentarias ([[1914]]-[[1936]])''. Tamén escribiu en ''[[El Liberal]]'' e ''[[Tribuna (Madrid)|Tribuna]]''.
 
Mantivo estreita amizade con dirixentes do nacionalismo galego, como [[Castelao]], que foi un dos que máis frecuentemente ilustraron as súas obras. Logrou o premio do [[Círculo de Belas Artes de Madrid|Círculo de Belas Artes]] coa súa novela ''Volvoreta'' ([[1917]]), que narra os amores prohibidos entre unha serventa e o seu mozo señor no marco da Galiza rural. En [[1926]] recibiu o [[Premio Nacional de Narrativa]].
 
Aínda que de ideoloxía conservadora (seguidor e admirador da política de [[Antonio Maura]]), non escatimou críticas, a veces acerbas, como nas súas obras "El secreto de Barba Azul", ''Las siete columnas'' ou ''El espejo irónico'', a propósito da política e dos políticos do reinado de [[Alfonso XIII]]. Pese a ser condecorado en 1935 coa Banda da República, ó estallar a [[Guerra Civil]] foi inmediatamente obxecto de ameazas de morte, acusado de non mostrarse partidario do Goberno da [[Fronte Popular]]. Fuxindo pois das chamadas [[Milicias de Vigilancia de Retaguardia]], atopou refuxio na Embaixada da [[República Arxentina]] de onde á súa vez, e baixo a invitación do Goberno dos [[Países Baixos]], pasou a encontrar refuxio na Embaixada deste país. Fernández Flórez era en efecto moi apreciado nos Países Baixos polas admirativas descricións que de dito país fixera anos antes no seu libro de viaxes ''La conquista del horizonte''. Baixo a protección da Embaixada de Holanda conseguiu saír para [[Valencia]] en marzo de 1937, como primeiro paso para saír de España. Porén, chegado a Valencia foille denegada a saída de España; produciuse entón un tenso incidente diplomático entre o Goberno de Holanda e o da República, durante o cal e ante a insistencia do Executivo holandés, o mesmo Ministro de Gobernación, [[Julian Zugazagoitia]], consultou co entón Ministro de Defensa, [[Indalecio Prieto]], que lle contestou literalmente "Si valiera mi voto lo emitiría en sentido favorable a las pretensiones del Gobierno holandés. No creo que merezca la pena producir un rozamiento con ese Gobierno..."<ref>{{Cita libro |título= Asilos y canjes durante la Guerra Civil Española|nome= Javier|apelidos= Rubio García-Mina|ligazónautor= |coautores= |ano= 1979|editor= Planeta|localización= Barcelona|isbn= 84-320-0620-3}}</ref>. Gracias a isto conseguiu saír de España en xullo de 1937. Anos despois ([[1940]]-[[1941]]) Fernández Flórez foi chamado a declarar ante o Consello Sumarísimo aberto contra [[Julián Zugazagoitia]], presentándose a declarar na súa defensa. Ó parecer, a condena a morte e fusilamento de Zugazagoitia (feito que seica tivo lugar antes de que Fernández Flórez se presentara a declarar) produciulle un gran desgusto.