Diferenzas entre revisións de «César Antonio Molina»

Reconpúxose unha ligazón interna para a a acomodar á entrada, de nova creación.
m (→‎Notas: Arranxos varios using AWB)
(Reconpúxose unha ligazón interna para a a acomodar á entrada, de nova creación.)
Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse ''cum laude'' cun traballo de investigación sobre ''A prensa literaria española'', publicado en tres volumes. Foi profesor da [[Universidade Complutense de Madrid]] e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da [[Universidade Carlos III]] de [[Madrid]]. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do [[El Escorial|Escorial]].
 
Entre [[1985]] e [[1996]] traballou en ''[[Cambio 16]]'' e ''[[Diario 16]]'' onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos ''Culturas'' e ''Libros''. En 1996 incorporouse ao [[Círculo de Belas Artes de Madrid|Círculo de Bellas Artes]] de [[Madrid]] como director-xerente.
 
En maio de [[2004]] foi nomeado Director do [[Instituto Cervantes]]. Nese mesmo ano foi galardoado co Premio Fernández Latorre<ref>[http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2004.shtml Premios Fernández Latorre], ano 2004.</ref>. En setembro de [[2005]] o goberno de [[Francia]] outorgoulle a [[Orde das Artes e Letras]].
19.851

edicións