Diferenzas entre revisións de «Píxel»

http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ton
m (Desfixéronse as edicións de 85.91.87.245 (conversa); cambiado á última versión feita por Addbot)
(http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ton)
Nas imaxes de [[mapa de bits]] ou nos dispositivos gráficos cada píxel codifícase mediante un conxunto de bits de lonxitude determinada (a chamada profundidade de color), por exemplo, pode codificarse un pixel cun [[byte]], ou 8 [[bit]]s, de maneira que cada pixel admite 256 variantes (2 díxitos por bit, elevados á oitava potencia, é dicir, 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2). Nas imaxes de color verdadeira, soénse usar tres bytes para definir unha color, é dicir, en total podemos representar un total de 2 elevado a 24 colores diferentes (16777216 de colores).
 
Para poder transformar a información numérica que almacena un pixel nunha color temos que coñecer, ademais da profundidade de color (o tamaño en bits do pixel), o modelo de color que estamos a usar. Por exemplo, o modelo de color [[RGB]] (Red-Green-Blue) permite crear unha color compoñendo tres colores básicos: o vermello, o verde e o azul. Desta forma, en función da cantidade de cada un deles que usemos veremos un resultado ou outro. Por exemplo, a color amarela obtense mesturando o vermello e o verde. As distintas tonalidades do amarelo obtéñense variando a proporción na que interveñen ambas compoñentes. No modelo [[RGB]] é frecuente que se usen 8 bits para representar a proporción de cada unha das tres compoñentes primarias. Desta forma, cando unha das compoñentes vale 0, significa que esta non intervén na mestura e cando vale 255 (2^8-1) significa que intervén achegando máximo dese tonoton.
 
A maior parte dos dispositivos que se usan cun ordenador (monitor, escáner, ...) usan o modelo [[RGB]].
7.964

edicións