Carlos XIV Xoán de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios
Liña 24:
|escudo = Coat of Arms of the Union between Sweden and Norway 1814-1844.svg
|lema
|lema = <small>''Folkets kärlek min belöning''<br><small>(O amor do meu pobo é a miña recompensa)</small></small>
}}
'''Carlos XIV Xoán''' (''Karl XIV Johan''), nado o [[26 de xaneiro]] de [[1763]] (co nome de '''Jean-Baptiste Bernadotte''') en [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]] (na actual [[Francia]]), e finado o [[8 de marzo]] de [[1844]] en [[Estocolmo]], [[Suecia]], foi un mariscal do [[Primeiro Imperio Francés]], e príncipe soberano de [[Pontecorvo]] (1806-1810).
 
De orixe burguesa, valente e de impoñente presenza física, foi un ardente partidario dos [[xacobinismo|xacobinos]] durante a [[Revolución francesa]] e participou como xeneral nas guerras revolucionarias francesas, sendo un valente comandante nas frontes alemá e italiana. Entrou pronto en contradición, incluso por razóns persoais, co xeneral [[Napoleón Bonaparte]], e involucrouse en intrigas contra o [[Consulado (Francia)|primeiro cónsul]], o cal, por outra parte, elevouno ao título de Mariscal de Francia en [[1804]].
 
Participou na maioría das [[Guerras Napoleónicas]], pero foi deposto en [[1809]] por Napoleón e, cando aceptou converterse en príncipe da Coroa de [[Suecia]] (príncipe herdeiro), desenvolveu unha política de autónoma respecto de Francia.
 
En [[1812]] formou parte da [[Sexta Coalición]] contra Napoleón e, á cabeza das tropas suecas xogou un papel importante na campaña de Alemaña de [[1813]] e na [[batalla de Leipzig]], loitando contra os seus antigos camaradas.
 
Desde o [[5 de febreiro]] de [[1818]] até a súa morte, foi o [[monarca|rei]] de [[Suecia]] (Carlos XIV) e [[Noruega]] (Carlos III).
Liña 38:
== Xuventude e primeiros pasos da súa carreira militar ==
 
O futuro nariscal Bernadotte naceu en [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]], [[Francia]], fillo de Henri Bernadotte ([[1711]]-[[1780]]), procurador en Pau, e de Jeanne St. Jean ([[1725]]-[[1809]]).
 
[[Ficheiro:Jean-Baptiste-Jules Bernadotte, lieutenent au 36e régiment de ligne en 1792 (1764-1844).jpg|miniatura|esquerda|250px|Jean-Baptiste-Jules Bernadotte, como tenente do 36º rexemento de liña.]]
 
[[Bautismo|Bautizado]] co nome de Jean-Baptiste, ao cal el mesmo engadiría posteriormente o de Jules en honor de [[Xulio César]], nun típico xesto propio da [[Revolución francesa]].
 
O nome da familia, orixinalmente ''Deu Pouey'', cambiara polo de ''Bernadotte'' ao principio do [[século XVII]].
 
Bernadotte entrou no exército francés o [[3 de setembro]] de [[1780]], servindo en primeiro lugar en [[Córsega]].
 
Ao estalar a [[Revolución francesa]], as súas evidentes cualidades militares levárono a rápidos ascensos. En [[1794]] xa era brigadier (xeneral de brigada), asignado ao exército de Sambre e Meuse e, tras a vitoria de [[Jean-Baptiste Jourdan|Jourdan]] en [[Batalla de Fleurus (1794)|Fleurus]] ([[26 de xuño]] de [[1794]]), ascendeu a xeneral de división.
 
Na [[batalla de Theiningen]] ([[1796]]), Bernadotte contribuiu máis que ninguén á exitosa retirada das forzas francesas sobre o [[río Rin|Rin]] tras a derrota fronte ao Arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena (1771)-(1847).
 
En [[1797]] levou reforzos desde o Rin até o exército de [[Napoleón]] apostado en [[Italia]], distinguíndose durante o paso do [[Tagliamento]].
 
En [[1798]], serviu como ministro (embaixador) en [[Viena]], onde estableceu amizado co compositor [[Ludwig van Beethoven]],<ref>Vogel-Rödin, Gösta (1991): ''Bernadotter i politik och kulturliv''. Lidköping: Läckö institutet. ISBN 91-971685-0-5. [http://libris.kb.se/bib/7794977 Libris 7794977].</ref> aínda que houbo de abandonar o cargo debido aos disturbios causados a raíz do izado da bandeira tricolor sobre a embaixada.
Liña 62:
Desde o [[2 de xullo]] ao [[14 de setembro]] foi ministro da guerra, responsabilidade na que demostrou grandes habilidades. Naquel tempo mantívose a pouca distancia de Napoleón e, aínda que se negou a apoialo nos preparativos do [[golpe de estado]] de novembro de [[1799]] ([[Brumario|18 de Brumario]]), posteriormente aceptou ser empregado polo [[Consulado, Francia|consulado]] e, desde abril de [[1800]] até o [[18 de agosto]] de [[1801]], mandou o exército da [[Vendée]].
 
Ao chegar o [[Primeiro Imperio Francés]], Bernadotte foi nomeado un dos dezaoito Mariscais de Francia e,<ref>David G. Chandler (a cura di) (1988): ''I marescialli di Napoleone''. Milano: Rizzoli. ISBN 88-17-33251-8, p. 101.</ref> desde xuño de [[1804]] até setembro de [[1805]], foi gobernador da recientemente ocupada [[Hannover]]. Durante a campaña de [[1805]], Bernadotte cooperou cun corpo de exército desde Hannover no gran movemento que tivo como resultado a vitoria sobre [[Karl Mack von Leiberich|Mack]] na [[batalla de Ulm]]. Como recompensa polos seus servizos en [[Batalla de Austerlitz|Austerlitz]] ([[2 de decembro]] de [[1805]]) foi nomeado príncipe de [[Pontecorvo]] ([[5 de xuño]] de [[1806]]), pero durante a campaña contra [[Prusia]], o mesmo ano, foi severamente reprendido por Napoleón por non participar co seu corpo de exército nas batallas de [[Batalla de Jena|Jena]] e [[Batalla de Auerstädt|Auerstädt]] a pesar de encontrarse cerca.
 
En [[1808]], como gobernador dos [[Hansa|pobos hanseáticos]], dirixiu directamente a expedición contra [[Suecia]], a través das illas [[Dinamarca|danesas]], aínda que o plan non tivo éxito debido á necesidade de transportes e á deserción da división [[España|española]] do [[Marqués de la Romana]] (xa se desencadeara a [[Guerra da Independencia española|guerra en España]] contra Francia).
 
Na guerra contra [[Austria]], Bernadotte liderou o continxente [[Saxonia|saxón]] na [[batalla de Wagram]] ([[6 de xullo]] de [[1809]]). Nesta ocasión publicou unha orde do día atribuíndo a vitoria principalmente ao valor dos seus soldados saxóns, orde que Napoleón rexeitou. Durante o transcurso da batalla, o mariscal Bernadotte foi relevado do mando tras haberse rebelado contra as ordes de Napoleón.
 
== Ruptura con Napoleón. Ofrecemento do trono sueco ==
Bernadotte, considerabelmente molesto, volveu a [[París]], onde o consello de ministros encargouno da defensa dos [[Países Baixos]] contra os [[Inglaterra|ingleses]]. En [[1810]], a punto de tomar posesión do cargo de gobernador de [[Roma]] e inesperadamente, foi elixido herdeiro do rei [[Carlos XIII de Suecia]], en parte porque un gran sector do exército sueco, previndo futuras complicacións con [[Rusia]], mostrábase favorábel á elección dun soldado como herdeiro e, en parte tamén, porque Bernadotte era moi popular en [[Suecia]], debido á cabalerosidade coa que tratara aos prisioneiros suecos durante a última guerra con [[Dinamarca]].
 
O asunto foi decidido por un dos mensaxeiros suecos, o barón [[Karl Otto Mörner]] quen, por iniciativa propia, ofreceu a sucesión da coroa sueca a Bernadotte. Bernadotte comunicou a oferta de Mörner a [[Napoleón]], o cal tratou todo o asunto como un absurdo. Bernadotte informou a Mörner que non rexeitaría o honor de ser el o elixido. A pesar de que o goberno sueco, sorprendido pola descarada actuación de Mörner, arrestouno ao volver a Suecia, a candidatura de Bernadotte foi gañando seguidores de forma gradual e, o [[21 de agosto]] de [[1810]], foi elixido Príncipe da Coroa (príncipe herdeiro).
Liña 75:
== Príncipe da Coroa e rexente ==
[[Ficheiro:Karl XIV Johan, king of Sweden and Norway, painted by Fredric Westin.jpg|miniatura|180px|Como Príncipe Herdeiro.]]
O [[2 de novembro]] de [[1810]], Bernadotte fixo a súa entrada solemne en [[Estocolmo]] e, o [[5 de novembro]] recibiu a homenaxe dos estados suecos, sendo adoptado polo rei Carlos XIII baixo o nome de '''Carlos Xoán'''. O novo príncipe coroado foi pronto moi popular, e converteuse no home máis poderoso de [[Suecia]].
 
A enfermidade do vello rei e as disensións no senado sueco puxeron o goberno, e especialmente o control dos asuntos exteriores, completamente nas súas mans. A tónica do conxunto da súa política foi a adquisición de [[Noruega]], e Bernadotte puido mostrarse como calquera cousa menos como un satélite de [[Francia]].
 
En [[1813]] aliou Suecia con [[Gran Bretaña]] e [[Prusia]], os inimigos de Napoleón na [[Sexta Coalición]], para reafirmar este feito. Tras as derrotas de [[Batalla de Lützen (1813)|Lützen]] ([[2 de maio]] de [[1813]]) e [[Batalla de Bautzen|Bautzen]] ([[21 de maio]] de [[1813]]), foi o mesmo príncipe da coroa quen achegou frescura aos aliados e, na [[conferencia de Trachenberg]] trazou os plans xerais da campaña que comezaría ao expirar a [[tregua de Plaswitz]].
 
Carlos Xoán, como comandante en xefe do exército do Norte, defendeu con éxito os achegamentos a [[Berlín]] contra [[Oudinot]] en agosto e de novo contra [[Michel Ney|Ney]] en setembro. Pero, tras a [[batalla de Leipzig]], tomou o seu propio camiño, determinado a toda costa en destruír Dinamarca e asegurar Noruega.
Liña 87:
Como rei unionista, Carlos XIV Xoán, que accedeu a este título o [[5 de febreiro]] de [[1818]] tras a morte de Carlos XIII, foi popular en ambos os países. Aínda que os seus puntos de vista ultraconservadores eran xeralmente detestados, e se lles presentou oposición tanto como foi posíbel, a súa dinastía nunca estivo en serio perigo, e tanto suecos como noruegueses estaban orgullosos do seu monarca e da boa reputación de que este gozaba en [[Europa]]. Era certo que o ''Ståndsriksdagen'' (órgano que funcionaba como [[parlamento]] en [[Suecia]]) meditou en [[1840]] a convenencia de pedir a súa abdicación, pero pasada esta breve tormenta política, o xubileo do seu 80º aniversario foi celebrado con grande entusiasmo en [[1843]].
 
O seu reinado viu a terminación do [[Canal Göta|Canal Göta do Sur]], iniciado 22 anos antes para unir o [[lago Vänern]] co [[mar Báltico]] en [[Söderköping]], a case 290 &nbsp;km ao leste. Aínda que Carlos XIV Xoán converteuse ao [[luteranismo]] da corte sueca cando foi adoptado, nunca aprendeu a falar [[lingua sueca|sueco]] nin [[lingua norueguesa|noruegués]]. Isto non era en si mesmo un serio obstáculo nin para o rei nin para a corte. A corte non tiña problemas, xa que o [[lingua francesa|francés]] era por entón o idioma favorito da aristocracia, e incluso hoxe é amplamente utilizado nas relacións [[Diplomacia|diplomáticas]].
 
== Morte e sucesión ==
Liña 155:
== Notas ==
{{listaref}}
 
 
== Véxase tamén ==
Liña 195 ⟶ 194:
|}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Carlos XIV Xoán de Suecia}}
 
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Reis de Suecia]]
[[Categoría:Reis de Noruega]]