Johns Hopkins University Press: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 21:
}}
 
A '''Johns Hopkins University Press''', tamén coñecida como '''JHU Press''' ou '''JHUP''', é a división editorial da [[Universidade Johns Hopkins]]. Foi fundada en [[1878]] e é a [[editorial]] [[universidade|universitaria]] de funcionamento continuo máis antigua dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>{{cita web |título=About the Press |url=http://www.press.jhu.edu/about/index.html |editorial=Johns Hopkins University Press |dataacceso=21 de setembro de 2016|idioma=inglés}}</ref> <ref name="Camhi2013">{{cita libro|autor=Jeff Camhi|título=A Dam in the River: Releasing the Flow of University Ideas|url=https://books.google.com/books?id=3qodTxXkEgEC&pg=PA149|dataacceso=2 de setembro de 2016|data= 2013|publisher=Algora Publishing|isbn=978-0-87586-989-6|}}</ref>
 
Publica [[libro]]s, [[revista]]s e [[base de datos|bases de datos electrónicas]]. Tendo en conta todos os recursos publicados é unha das editoriais universitarias máis grande dos Estados Unidos.
 
A súa sede está na zona de Charles Village, en [[Baltimore]], [[Maryland]].
 
== Historia ==
[[Daniel Coit Gilman]], o primeiro presidente da Universidad Johns Hopkins, inaugurou a editorial en [[1878]],<ref name="MUSE">{{cita web|url=http://muse.jhu.edu/about/muse/index.html|título=What is Project MUSE|editorial=Project MUSE|idioma=inglés|dataacceso=21 de setembro de 2016}}</ref> que comezou a funcionar como a axencia de publicacións da universidade. As súas atividades na [[Revista científica|prensa científica]] comezaron co lanzamento do ''[[American Journal of Mathematics]]'' no seu primeiro ano, e do ''[[Journal of the American Chemical Society|American Chemical Journal]]'' no segundo. A axencia publicou o seu primeiro [[libro]] en [[1881]], ''[[Sidney Lanier|Sidney Lanier: A Memorial Tribute]]'', en honor ao poeta que foi un dos primeiros escritores residentes da universidade. En [[1891]], a axencia converteuse na Johns Hopkins Press e, desde [[1972]], coñécese como a Johns Hopkins University Press.
 
Despois de varios movementos dentro e fóra do ''Campus Homewood'', o principal centro académico e administrativo da universidade, a editorial adquiriu unha sede permanente en [[1993]], nunha antiga [[Reforma protestante|igrexa reformada]] situada no barrio de Charles Village en [[Baltimore]]. A estrutura de [[granito]] e [[ladrillo]], construída en [[1897]], era a [[Catolicismo|igrexa católica]] dos santos Filipe e Santiago, e agora alberga nos seus cinco andares as oficinas da editorial. Nos seus máis de cen anos de publicacións académicas, a editorial tivo unicamente seis directores: Nicolás Murray (1878-1908), Christian W. Dittus (1908-1948), Harold E. Ingle (1948-1974), Jack G. Goellner (1974-1996), Willis G. Regier (1996-1998), James D. Jordan (1998-2003) e Kathleen Keane (2003– ).