Diferenzas entre revisións de «Carmen de Burgos»

m
Arranxos varios
(Corrección lingüística. Establecemento de ligazón interna.)
m (Arranxos varios)
|xéneros= [[novela]], [[ensaio (literatura)|ensaio]], [[narrativa]]
}}
'''Carmen de Burgos y Seguí''' —tamén coñecida polos [[Pseudónimo|pseudónimospseudónimo]]s Colombine, Gabriel Luna, Perico el de los Palotes, Raquel, Honorine e Marianela— , nada en [[Níjar]], [[Provincia de Almería|Almería]], o [[10 de decembro]] de [[1867]], e falecida en  [[Madrid]] o [[9 de outubro]] de [[1932]], foi unha [[xornalista]], [[Escritor|escritoraescritor]]a, [[Tradución|tradutora]] e [[Feminismo|activista dos dereitos da muller]] [[España|española.]]<ref>''[http://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/creadores/burgos_carmen_de.htm Carmen de Burgos. Biografía]''. En ''Instituto Cervantes. Bibliotecas y Documentación''.</ref> Considérase a primeira xornalista profesional en España e en [[lingua castelá]], pola súa condición de redactora do madrileño ''Diario Universal'' en [[1906]], [[xornal]] que dirixía Augusto Figueroa.<ref>Johnson, Roberta. "[http://www.jstor.org/stable/3190302?seq=1#page_scan_tab_contents Carmen de Burgos and Spanish Modernism]". En ''South Central Review''. Volume 18. Número 1/2. Primavera-verán de 2001.</ref> 
 
== Biografía ==
Carmen de Burgos viviu no [[barrio]] de Rodalquilar, no [[concello]] de [[Níjar]], onde o seu [[pai]], [[Cónsul|vicecónsul]] de [[Portugal]] en [[Almería]], posuía terras, [[Minaría|minas]] e o casal "La Unión". Aos dezaseis anos casa con Arturo Álvarez Bustos, con quen tivo un fillo e unha filla. Álvarez Bustos era un xornalista doce anos maior ca ela, [[fillo]] do [[gobernador civil]] de Almería, quen ademais tiña en propiedade a [[imprenta]] da que saía o principal [[xornal]] da capital, o cal lle permitiu a Carmen familiarizarse co mundo da [[Prensa escrita|prensa]] desde moi cedo.<ref>Louis, Anja. ''[https://books.google.co.uk/books?id=29yHv72flwEC&printsec=frontcover&dq=isbn:1855661217&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjlz_epiK3PAhUGLhoKHR5VD0cQ6AEIHjAA#v=onepage&q&f=false Women and the Law: Carmen de Burgos, an Early Feminist]''. Tamesis. Woodbridge, 2005. ISBN 1 85566 121 7</ref>
 
En xuño de 1895 obtivo en Madrid a titulación de mestra de Ensino Elemental Primario e en [[1895|1898]] a de Ensino Superior[[Madrid|.]] En [[1901]] obtivo praza mediante oposición na Escola Normal de [[Mestre|Mestras]] de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara.]] Ese ano morreu o seu fillo e decidiu abandonar un marido infiel e vividor para comezar unha nova vida independente coa súa filla.
 
A partir de 1902 colaborou co xornal ''El Globo,'' onde escribía unha columna titulada ''Notas femeninas'' na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o ''Diario Universal'' e contratouna para manter unha columna diaria titulada ''Lecturas para la mujer'', baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do [[divorcio]], o que lle valeu a admiración de [[Francisco Giner de los Ríos|Giner de los Ríos]] e [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores [[Conservadorismo|conservadores]], que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Instrución Pública]] para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por [[Francia]], [[Italia]] e [[Mónaco]].
[[Ficheiro:Carmen de Burgos by Julio Romero de Torres.jpg|miniatura|Retrato de Carmen de Burgos de 1917 feito polo seu amigo Juio Romero de Torres.]]
A finais de 1906 retomou o seu labor docente e xornalístico e lanzou unha campaña no ''Heraldo de Madrid'' a favor do [[sufraxio feminino]] cunha columna titulada ''El voto de la mujer.'' Ao ano seguinte, coa chegada ao [[Goberno e política de España|Goberno]] do conservador [[Antonio Maura]], o ministro de Instrución Pública [[Faustino Rodríguez-San Pedro|Rodríguez-San Pedro]] destinouna a [[Toledo]] para a afastar de Madrid, aínda que eguía volvendo a Madrid todas as fins de semana para animar o faladoiro literario que creara ao seu regreso de Francia: "La tertulia modernista". Aquela reunión semanal de [[Escritor|escritoresescritor]]es, xornalistas, músicos, [[Artes plásticas|artistas plásticos]], poetas e artistas estranxeiros de paso por Madrid mantívose varios anos e estivo na orixe da ''Revista crítica.'' Alí coñeceu a [[Ramón Gómez de la Serna]], daquela un descoñecido estudante de dezaoito anos, con quen mantivo unha intensa relación amorosa e literaria durante vinte anos.
 
Tras o desastre do [[Rif]] en [[1909]], Carmen de Burgos decidiu achegarse ás tropas españolas que loitaban arredor de [[Melilla|Melilla.]]. Alí exerceu de [[correspondente de guerra]] do diario ''El Heraldo'' de [[Málaga|Málaga.]]. Xa de volta a Madrid, publicou o artigo ''Guerra a la guerra!'', no que defendía os pioneiros da [[obxección de conciencia]].
 
Coa proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] en 1931, a nova constitución recoñeceu o matrimonio civil, o divorcio e o voto feminino, colmando así as aspiracións de Carmen de Burgos. Afiliouse ao ''[[Partido Republicano Radical Socialista]]'' e foi nomeada presidenta da ''Cruzada de Mulleres Españolas ''e da ''Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Iberoamericanas''. Foi tamén elixida vicepresidenta primeira da ''Esquerda Republicana Anticlerical'', e en novembro de 1931 ingresou na [[Masonaría]], onde fundou a loxia Amor, da que era [[Gran Mestre]].
 
O [[8 de outubro]] de [[1932]], mentres participaba nunha mesa redonda sobre educación sexual no ''Círculo Radical Socialista'', Carmen de Burgos empezou a sentirse mal e foi trasladada ao seu domicilio, onde a atenderon tres médicos, entre os cales estaba o seu amigo [[Gregorio Marañón y Posadillo|Gregorio Marañón]], pero sen éxito. Faleceu ás dúas da madrugada do día 9 e foi enterrada no [[cemiterio]] civil de Madrid en presenza dos principais políticos e intelectuais da época. [[Clara Campoamor]], xunto con varios intelectuais, pediu que se lle dese o seu nome a unha rúa de Madrid. Tras a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e a vitoria do réxime franquista, o seu nome foi incluído na lista de autores prohibidos e os seus libros desapareceron das [[Biblioteca|bibliotecasbiblioteca]]s e as [[Librería|librarías]].
 
Relacionouse, entre outros, con [[Benito Pérez Galdós|Galdós]], [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], [[Juan Ramón Jiménez]], [[Julio Romero de Torres]], [[Joaquín Sorolla|Sorolla]], etc. Considérase unha das primeiras defensoras do papel social e cultural da muller. Defendeu así mesmo a liberdade e o goce de existir. Decididamente independente, creu nun mundo mellor e foi unha temperá feminista, aínda que ela odiaba ese termo. Na súa obra ''La mujer moderna y sus derechos'' (1927) definía a súa postura como un feminismo conciliador ao explicar: "Non é a loita de sexos, nin a inimizade co home, senón que a muller desexa colaborar con el e traballar a carón del".<ref name="Yorokobu">{{Cita web|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|páxina-web=|editorial=Yorokobu|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia.|data-acceso=}}</ref>
== Obra ==
[[Ficheiro:1906-01-01-El-Heraldo-nuestros-colaboradores.jpg|miniatura|Os colaboradores do xornal ''El Heraldo'' en 1906, entre os que está Carmen de Burgos.]]
Traballou en ''El Universal'', ''El Globo'', ''La Correspondencia de España, El Heraldo de Madrid ''e ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', diario do que foi a primeira redactora. Cubriu diferentes episodios da [[Guerra do Rif|Guerra de Melilla]] en 1909 e foi unha das primeiras mulleres correspondentes de guerra da historia de España. Ademais da súa intensa obra xornalística son salientables as súas conferencias no ámbito do movemento feminista; por exemplo: ''La misión social de la mujer'' (1911) e ''La mujer en España.'' Non foi moi ben considerada por un importante sector dos críticos e escritores contemporáneos, que en moitas ocasións colocaron o seu labor e a súa obra relegados e reducidos á condición de amante de [[Ramón Gómez de la Serna|Ramón Gómez da Serna.]]
 
Entre as súas novelas máis populares pódese citar ''Puñal de claveles'', escrita ao final da súa vida e baseada no suceso coñecido como o "crime de Níjar", que tivo lugar en 1928 en Níjar e que foi unha das inspiracións con que contou [[Federico García Lorca]] para as súas ''[[Bodas de sangre]]''.<ref>Edición dixital de ''[http://www.juntadeandalucia.es/cultura/bivian/media/flashbooks/lecturas_pendientes/punal_de_claveles/index.html Puñal de claveles]''. ''Biblioteca Virtual de Andalucía''.</ref>
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Burgos}}
[[Categoría:Finados en 1932]]
393.002

edicións