Secretario (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| range_map_caption = Distribución xeográfica do secretario
}}
[[Ficheiro:Sagittarius serpentariusEYP03CA.jpg|miniatura|esquerda|200px|Detalle da cabeza, nunha ilustración de Louis Agassiz Fuertes.]]
O '''secretario''' ou '''serpentario'''<ref name="A chave">{{cita web|apelidos=Varios autores|título=Os nomes galegos das aves|url=http://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_aves.pdf|dataacceso=27 de setembro de 2016}}</ref> (''Sagittarius serpentarius'') é unha [[Aves|ave]] de [[falconiformes|rapina diúrna]], a única especie da familia '''Sagittariidae'''. O seu nome é tradicionalmente debido á plumaxe da cabeza, que fai lembrar as plumas usadas antigamente para escribir, mais é unha mala tradución do [[Lingua árabe|árabe]] ''saqr-et-tair'' que significa ave cazadora. O secretario habita en todas as rexións de [[África]] ao sur do [[Sáhara]], agás zonas de vexetación densa. O seu ''hábitat'' preferente é a [[sabana]], sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.
 
O secretario é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 5 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un [[dimorfismo sexual]] significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun [[peteiro]] curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza o secretario presenta unha crista característica de plumas negras. As patas do secretario son moi longas e terminan en garras afiadas.
Liña 30 ⟶ 31:
 
O secretario non se encontra en perigo de [[extinción]] porén non é moi común atopalos debido en gran parte á súa baixa densidade poboacional. Os fósiles máis antigos desta ave foron encontrados en [[Francia]], en formacións xeolóxicas do [[Mioceno]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==