Carmen de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección lingüística. Establecemento de ligazón interna.
Liña 11:
|xéneros= [[novela]], [[ensaio (literatura)|ensaio]], [[narrativa]]
}}
'''Carmen de Burgos y Seguí''' —tamén coñecida polos [[Pseudónimo|pseudónimos]] Colombine, Gabriel Luna, Perico el de los Palotes, Raquel, Honorine e Marianela— , nada en [[Níjar]], [[Provincia de Almería|Almería]], o [[10 de decembro]] de [[1867]], e falecida en  [[Madrid]] o [[9 de outubro]] de [[1932]], foi unha [[xornalista]], [[Escritor|escritora]], [[Tradución|tradutora]] e [[Feminismo|activista dos dereitos da muller]] [[España|española.]]<ref>''[http://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/creadores/burgos_carmen_de.htm Carmen de Burgos. Biografía]''. En ''Instituto Cervantes. Bibliotecas y Documentación''.</ref> Considérase a primeira xornalista profesional en España e en [[lingua castelá]], pola súa condición de redactora do madrileño ''Diario Universal'' en [[1906]], [[xornal]] que dirixía Augusto Figueroa.<ref>Johnson, Roberta. "[http://www.jstor.org/stable/3190302?seq=1#page_scan_tab_contents Carmen de Burgos and Spanish Modernism]". En ''South Central Review''. Volume 18. Número 1/2. Primavera-verán de 2001.</ref> 
 
== Biografía ==
Carmen de Burgos viviu no [[barrio]] de Rodalquilar, no [[concello]] de [[Níjar]], onde o seu [[pai]], [[Cónsul|vicecónsul]] de [[Portugal]] en [[Almería]], posuía terras, [[Minaría|minas]] e o casal "La Unión". AoAos dezaseis anos casa con Arturo Álvarez Bustos, con quen tivo un fillo e unha filla. Álvarez Bustos era un xornalista doce anos maior ca ela, [[fillo]] do [[gobernador civil]] de Almería, quen ademais tiña en propiedade a [[imprenta]] da que saía o principal [[xornal]] da capital, o cal lle permitiu a Carmen familiarizarse co mundo da [[Prensa escrita|prensa]] desde moi cedo.<ref>Louis, Anja. ''[https://books.google.co.uk/books?id=29yHv72flwEC&printsec=frontcover&dq=isbn:1855661217&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjlz_epiK3PAhUGLhoKHR5VD0cQ6AEIHjAA#v=onepage&q&f=false Women and the Law: Carmen de Burgos, an Early Feminist]''. Tamesis. Woodbridge, 2005. ISBN 1 85566 121 7</ref>
 
En xuño de 1895 obtivo en Madrid a titulación de mestra de Ensino Elemental Primario e en [[1895|1898]] a de Ensino Superior[[Madrid|.]] En [[1901]] obtivo praza mediante oposición na Escola Normal de [[Mestre|Mestras]] de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara.]] Ese ano morreu o seu fillo e decidiu abandonar un marido infiel e vividor para comezar unha nova vida independente coa súa filla.