A morte na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Agoiros da morte: corrixo lig. int.
Liña 36:
[[Ficheiro:Corvus corax (Pcb21).jpg|miniatura|250px|Un corvo, agoiro de morte]]
* Ver un [[corvo común|corvo]] no camiño ou nas proximidades da casa, por ser [[negro (cor)|negro]], por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "''Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta''" <ref>Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por [[Plinio o Vello]].</ref>.
* O canto do [[moucho común|moucho]], da [[curuxa]] ou doutras aves rapaces nocturnas. O canto lúgubre destas aves remeda os xemidos e o pranto. O moucho agoira unha morte próxima cando vén cantar enriba da casa de alguén ou nas árbores próximas<ref>Por veces, o propio moucho interprétase como personificación da morte: ''Eu ben vin estar o moucho/ encima dun gacio de uvas,/ vaite daí morte negra,/ desamparo das viudas''. E chega a toma-lo nome do que se cre agoira: ''paxaro da morte''.</ref>.
* A [[galiña]] que canta coma o galo. Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que tal feito, propio da vellez, agoira a morte. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: ''Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa'' <ref>RODRÍGUEZ LÓPEZ:113.</ref>. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: ''Morte por morte, en ti cai a sorte'' <ref>RIVAS QUINTAS: s. v. ''morte''.</ref>.
* O ouveo dos [[can]]s ou do [[raposo]], porque lembran os prolongados choros da familia durante o velorio e no enterro. Se se escoita ouvear un raposo de noite sábese que está próxima a morte dalgún veciño. Outras informacións matizan máis: ver un raposo en xexún é sinal de bo agoiro, pero se é unha raposa é sinal dunha desgraza próxima.