Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Postludio > posludio.
Liña 174:
A segunda parte da sinfonía segue a narración da última escena do poema de Goethe: a viaxe da alma de Fausto, rescatada das garras de [[Mefistófeles]], na súa última ascensión ao ceo. A estrutura en forma sonata de Landmann para o movemento baséase nunha división, logo dun preludio orquestral, en cinco seccións que el identifica musicalmente como unha exposición, tres episodios de desenvolvemento, e un final.<ref>{{cita Harvard|La Grange|2000|pp=896 y 912|sp=si}}</ref>
[[Ficheiro:Mahler Chorus mysticus.jpg|miniatura|esquerda|Partitura manuscrita de Mahler para o comezo do ''Chorus Mysticus'', que dá lugar a unha triunfal conclusión á ''Oitava Sinfonía''.]]
O longo preludio orquestral (166 compases) está en [[mi bemol menor]] e, ao xeito dunha [[Abertura (música)|abertura]] [[ópera|operística]], anticipa algúns dos temas que se escoitarán máis adiante no movemento. A exposición iníciase case en silencio, representando unha montaña rochosa e arborada, morada de varios [[anacoreta]]s cuxos sons se escoitan nun coro destinado a crear unha tenue atmosfera completada con murmurios e ecos.<ref name="Kennedy152" /><ref name="Cooke93" /> Un solemne solo de barítono, a voz do ''Pater Ecstaticus'', finaliza calorosamente para dar paso a unha modulación ao [[modo maior]] cando as trompetas tocan o tema "Accende" da Parte&nbsp;I. A continuación, segue a exixente e dramática [[aria (música)|aria]] do baixo, a voz do ''Pater Profundis'', que finaliza a súa atormentada meditación suplicando a misericordia de Deus nos seus pensamentos. Os acordes que se repiten nesta sección lembran a ''[[Parsifal]]'' de [[Richard Wagner]].<ref name="DLG922">{{cita Harvard|La Grange|2000|pp=922–25|sp=si}}</ref> A atmosfera alixeirase coa entrada dos anxos e os nenos benaventurados (coros de mulleres e nenos) que levan a alma de Fausto; a música aquí é quizais unha reliquia do ''Scherzo'' sobre os "Xogos de Nadal" previsto no antigo borrador da sinfonía en catro movementos.<ref name="Kennedy152" /> O ambiente é festivo, con berros triunfais de "Jauchzet auf!" ("Aledádevos!") finalizando a exposición cun postludioposludio que remite á música "Infirma nostri corporis" da Parte&nbsp;I.<ref name="DLG922" />
 
A primeira fase do desenvolvemento comeza cando o coro de mulleres dos anxos novos invocan á "feliz compañía de nenos benaventurados"{{#tag:ref|As citas do texto foron obtidas da tradución ao castelán de José Roviralta Borrell. Véxase {{cita libro|autor=Goethe, Johann Wolfgang von|título=Fausto|ano=2006|editorial=[[Alianza Editorial]]|lugar=Madrid| ISBN = 978-84-206-6010-3}}|group = nota}} que deben levar ao ceo a alma de Fausto. Os nenos benaventurados reciben á alma con ledicia; as súas voces únense á do ''Doctor Marianus'' (tenor), quen acompaña ao seu coral antes de romper nun arrebatado himno en mi maior dirixido á ''Mater Gloriosa'', "a raíña e gobernante do mundo!". Cando a aria remata, as voces masculinas do coro fanse eco das palabras do solista nun fondo orquestral de [[trémolo]]s de [[viola]], unha pasaxe cualificada por La Grange como "emocionalmente irresistible".<ref name="DLG922" />