Andoriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
 
Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os [[niño]]s de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.
 
== A andoriña na cultura popular galega ==
[[Ficheiro:AndorinhaNinho.jpeg|miniatura|275px|Niño de andoriñas no [[Pazo de Fefiñáns]].]]
[[Ficheiro:Páxaros en Pinzás, Tomiño.jpg|miniatura|275px|Andoriñas en [[Pinzás, Tomiño|Pinzás]], [[Tomiño]].]]
Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses; era o heraldo da primavera, polo que estaba prohibido matalas. En [[Galicia]] é popular a lenda que conta que as andoriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba [[Xesús Cristo]], e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo <ref>Lenda semellante corre respecto ó [[paporroibo]].</ref>. Desta crenza procede a consideración das andoriñas como protectoras das casas nas que aniña. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños. Mesmo se cre que matar unha andoriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e que quen o faga sufrirá axiña unha desgracia na súa casa (Risco, Rodríguez López <ref>Aínda así, este último afirma que ''este pájaro es de los más dañinos para la agricultura, pues se alimenta con preferencia de abejas''.</ref>)
 
Considéranse agoiros do tempo que vai facer: cando as andoriñas voan baixo é que vai cambia-lo tempo.
 
A Virxe de [[Padrón]] leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar no que se di que ''O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora'' (Rodríguez López).
 
=== Refraneiro ===
* Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito.
* Andoriña a rente da auga, choiva na cama.
* Andoriña que alta voa non teme que chova.
* Andoriña que voa a rentes da terra, chuvia venta.
* Andoriñas a rente da auga, chuvia por palla.
* Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia.
* Anduriña a rentes da auga, chuvia na praia <ref>Lino Lema Bouzas (compilador): ''Ditos e cantigas mariñeiras''. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 2.</ref>.
* Caga máis un boi que cen andoriñas.
* Día de san Xosé, primeira andoriña se ve.
* Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello.
* Máis caga un boi que cen andoriñas.
* Máis come un boi que cen andoriñas.
* Nin un dedo fai man, nin unha andoriña fai vran.
* Por san Reimundo a andoriña vén do outro mundo <ref>San Reimundo celébrase o 7 de xaneiro, pero estes refráns deben referirse a san Reimundo Fitero, o 15 de marzo.</ref>.
* San Raimundo, a andoriña trai do outro mundo.
* San Reimundo tira a andoriña do outro mundo e san Cebrián vólvea a levar <ref>San Cibrao, 16 de setembro.</ref>.
* Se queres saber cando é abril a anduriña viracho dicir.
* Unha andoriña non fai vrau.
* Unha andoriña soila non fai verau
* Vale máis unha cagada de vaca que cen de andoriña.
 
=== Cantigueiro ===
* ¡Ai, quen anduriña fora, / anduriña da outra banda, / que ao meu amor un suspiro / no piquiño lle levara!
* Catro aves escollidas / son as que pasan o mar: / o cuco e a andoriña, / a rula e o paspallás.
* Catro aves voadoras / son as que pasan o mar: / a anduriña e mailo cuco, / a rula i o paspallás.
* Quixera ser dos paxaros / que anduriña se lle chama / para facer o meu niño / ó pé da túa ventana.
 
=== Adiviñas ===
* Cen golondrinas/ e un golondrón,/ un mete e saca/ e un quita e pon.<ref>Solución: as patacas no pote.</ref>
 
[[Ficheiro:Nederlandsche_vogelen_(KB)_-_Hirundo_rustica_(030b).jpg|miniatura|esquerda|200px|Andoriña no libro ''Nederlandsche Vogelen'', Volume 1 (1770).]]
 
== Sinonimia e léxico derivado ==
Outros nomes que recibe a andoriña son os seguintes: ''andolía'', ''colandrilla''. No galego-asturiano: ''andolía'' e ''golondría'' <ref>Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández: ''Vocabulario del bable de occidente'', Madrid, 1932. Citado polo ''Diccionario de Diccionarios''.</ref>
 
Tamén existe a ''herba da andoriña'', ''[[celidonia]]'' ou ceruda (''Chelidonium majus''), que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas <ref>"''Comidas as andoriñas aguzan moito a vista, para o cal tamén serve a cinza das andoriñas''" (Dioscórides).</ref>, vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ó refregarlles os ollos cun anaco desta herba <ref>Xosé Ramón Mariño Ferro recolle así as teorías expostas por [[Aristóteles]]: "''Polo que atinxe ós polos da andoriña, se, cando son aínda novos, lles pica un os ollos, os referidos polos despois sandan e ven''" e [[Plinio o Vello]]: "''A andoriña amosóuno-lo poder curativo para a vista da celidonia ó tratar con esta planta a inflamación dos ollos dos seus pequenos''".</ref>.
 
Co nome de ''andoriña'' desígnanse tamén un molusco (a [[zamburiña]], antes ''Pectunculus hirundo'') e un peixe (''Trigla hirundo''), semellante ó [[escacho]]; tamén á [[ovella]] que guía o rabaño. Baixo a forma ''andoriña do mar'' designa dúas aves mariñas máis coñecidas como [[carrán]] (''Sterna spp'') e como [[paíño]] (''Hydrobates pelagicus''), respectivamente.
 
''Anduriño'' é tamén nome dun peixe que o [[Padre Sobreira]] describe como ''Pez pequeño; de forma y color de trucha, y de igual o mejor gusto, con manchas doradas: carne blanca. Vienen por Marzo; en Abril son raros: en años secos son más abundantes. Parecen ser los escalos de Ponte Aréas, y son los reos del Avia''.
 
Tamén di Sobreira que co adxectivo ''anduriño'' se designa en [[Ribadavia]] a persoa que anda lixeira e que aguanta moito. [[Eladio Rodríguez]] aumenta o significado a quen é rápido ó camiñar, traballar, decidirse e mesmo que fala rapidamente.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: ''Refranero agrícola y metereológico'' [sic] ''gallego''. Pontevedra, 1904
* CABANILLAS (1951)
* FERRO RUIBAL, Xesús (Dir.) et al: ''Diccionario dos nomes galegos''. Ir Indo, Vigo 1992.
* GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: ''Adivinancero popular gallego''. Taurus Ediciones. Madrid 1984
* MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1995): "Os animais na medicina máxica tradicional", en [[Xosé Manuel González Reboredo|González Reboredo, Xosé Manuel]] (Coord.): ''Medicina Popular e Antropoloxía da Saúde'', Santiago de Compostela 1997.
* [[Xosé Moreiras Santiso|MOREIRAS SANTISO, Xosé]]: ''Os mil e un refrás galegos do home''. Ed. do autor, Lugo 1977.
* PÉREZ BALLESTEROS, José: ''Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña 1885-1886'' (reed. facs. Akal, Madrid 1979).
* RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en ''Historia de Galiza'' Tomo I (Dirixido por Ramón OTERO PEDRAYO). Ed. Nós, Bos Aires 1962.
* RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: ''[[Diccionario enciclopédico gallego-castellano]]''. Galaxia, Vigo 1958-1961.
* RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: ''Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares''. Ed. Celta, Lugo 1974.
 
=== Outros artigos ===
* [[Andoriña dáurica]]
* [[Andoriña de cu branco]]
==* [[A andoriña na cultura popular galega ==]]
 
=== Ligazóns externas ===