República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Postcomunista > poscomunista.
Liña 544:
=== Literatura ===
[[Ficheiro:Kafka portrait.jpg|miniatura|180px|[[Franz Kafka]].]]
Antes do checo, na República Checa tamén se escribía en [[lingua búlgara|antigo eslavo eclesiástico]], [[latín]] e [[lingua alemá|alemán]]. Moitos autores modernos checos escriben noutros idiomas, por exemplo en alemán, polo que hai unha importante literatura checa que non está escrita na lingua propia do país. Así por exemplo, [[Franz Kafka]], aínda que viviu toda a súa vida en [[Bohemia]], escribiu en alemán. A literatura en lingua checa está dividida en diversos períodos temporais: a [[Idade Media]]; o [[Jan Hus|Período husita]]; os anos da recatolización e o [[Barroco]]; a [[Ilustración]] e o ''espertar checo'' do [[século XIX]]; as [[vangarda]]s de entreguerras; os anos do [[Comunismo]] e da [[Primavera de Praga]]; e finalmente o período postcomunistaposcomunista da República Checa.
 
Os primeiros escritos datan do [[século X]], xeralmente en forma de palabras soltas e insercións en textos [[latín|latinos]], tal como moitas outras linguas europeas tamén fixeron as súas primeiras aparicións. O texto literario en checo máis antigo é un himno de catro estrofas incluído nun códice latino da segunda metade do [[século XIII]] que di así: