Cabalo de pura raza galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Diadema é un substantivo masculino.
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 22:
O '''Cabalo de Pura Raza Galega (PRG)''' é a denominación que recibe oficialmente<ref>Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega (DOG nº 74, de 17 de abril).</ref><ref>Orde APA/33/2002, de 2 de xaneiro, pola que se modifica o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, de conformidade co previsto no Real decreto 1682/1997, de 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España (BOE nº 13, de 15.01.2002).</ref> unha [[raza de cabalo|raza]] de [[cabalo]]s ''Equus caballus'' de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de [[Galicia]].
 
Outras denominacións tradicionais son '''cabalo galego de monte'''<ref>Esta foi a denominación coa que figuraba no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, no que se introduciu en 1997, ata a súa reforma pola Orde APA/33/2002.</ref>, '''cabalo galaico''', '''poni galego''', '''faca galiciana''', '''faca galega''' ou, simplemente, '''cabalo do país''' <ref>Pose e col. 2001; mediorural.xunta.es</ref>.
 
A finais do [[século XX]] atopábase en estado de [[Extinción|perigo de extinción]]: en [[1999]] o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de [[2012]] a poboación censada era de máis de 1.500 exemplares <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/ mediorural.xunta.es]</ref><ref>Da mestizaxe existente dá idea o feito de que en 2001 o censo de cabalos criados ceibos nos montes galegos ascendía a uns 22.000 exemplares.</ref>.
 
== Orixes ==
[[Ficheiro:Rapa das bestas. Galiza.jpg|miniatura|275px|Escena da popular [[Rapa das bestas]], un evento de interese turístico e cultural de [[Galicia]] celebrado en varias localidades onde o principal protagonista é o cabalo galego mestizo xunto coa exhibición de exemplares de cabalo de pura raza galega (PRG).]]
Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestres na área de [[Sabucedo, A Estrada|Sabucedo]], nos [[petróglifo]]s de [[Viladesuso, Oia|Viladesuso]] (na [[Serra da Groba]]), datados no período da [[Idade de Bronce]], ou no [[Diademadiadema de Ribadeo]], onde aparecen cabalos montados xunto a crías e guerreiros, do 2500 a.C. ao 2000 a.C.
 
A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos [[celta]]s chegados do norte da [[Península Ibérica]], cara aos séculos VII e VI a.C., os que introduciron un cabalo de testa pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos, como [[Estrabón]], [[Marco Valerio Marcial|Marcial]] ou [[Plinio o Vello|Plinio]], ou da época medieval da [[Reconquista]], onde a cría cabalar vencellouse fortemente á actividade colonizadora dos [[mosteiro]]s establecidos durante os séculos [[século X|X]] e [[século XI|XI]] <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/cabalo_pura_raza_galega/ mediorural.xunta.es]</ref>.
 
Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende [[Portugal]] ata [[Escocia]] e [[Islandia]].
Liña 36:
Malia vivir tradicionalmente en réxime de liberdade nas áreas montañosas do relevo galego, principalmente en grupos ou mandas, o cabalo galego foi explotado polo home na antigüidade como animal de combate, e posteriormente destinado á montura e ós labores rurais, sendo en menor medida, polas características da súa [[carne]], empregado tamén para a produción cárnica e o consumo.
 
Coa mecanización da [[agricultura]] e o interese preferente por aumentar a poboación de animais destinados á produción de carne, nas últimas décadas do [[século XX]] a poboación de cabalo de monte xeneticamente pura viuse minguada por mor de procesos de mestizaxe. Neste contexto, cara a finais da década de [[1980]], a iniciativa de diversos organismos internacionais como [[Nacións Unidas]] e a [[FAO]] ou a entón [[CEE]], promovéronse nas instancias de política agraria diversas iniciativas destinadas á protección e conservación das razas domésticas en perigo de extinción <ref>Pose e col. 2001.</ref>.
 
== Desenvolvemento lexislativo ==
Liña 44:
En [[Galicia]] constituíuse en [[1997]] a Asociación de propietarios e criadores de cabalo galego de monte e, pouco máis tarde, elaborouse dende o goberno autónomo un primeiro plan de fomento, mellora e conservación do cabalo galego que, con todo, foi criticado dende as asociacións de gandeiros por consideralo un instrumento de control da Administración.
 
O CEREOPA fixo público en [[1994]] a lista europea de razas equinas de especial protección, na que incluíu o cabalo galego de monte e, pouco despois, o Estado español adoptaba o ordenamento comunitario por medio do Real decreto 51/1995, de 20 de xaneiro, que se comezou a aplicar en Galicia a partir de [[1996]]. Con todo, durante o mesmo ano unicamente foron rexistrados cinco exemplares, como resultado das reticencias non resoltas por parte dos gandeiros que vían insuficiente a compensación censal de animais puros, unha perda económica en comparación co cruzamento dos exemplares con outros doutras razas de tamaño medio para a produción de carne <ref>Pose e col. cifraban o diferencial do prezo da carne de entón dun poni de pura raza a outro cruzado en 60 ou 90 euros.</ref>.
 
== Descrición da raza ==