Cabalo de pura raza galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Diadema é un substantivo masculino.
Liña 12:
| ordo = [[Perissodactyla]]
| familia = [[Equidae]]
| genus = '''[[Equus]]'''
| species = '''[[Equus ferus]]'''
| subspecies = '''''E. f. caballus'''''
| trinomial = ''Equus ferus caballus''
| trinomial_authority = [[Carl Linnaeus|Linnaeus]], [[1758]]
Liña 28:
== Orixes ==
[[Ficheiro:Rapa das bestas. Galiza.jpg|miniatura|275px|Escena da popular [[Rapa das bestas]], un evento de interese turístico e cultural de [[Galicia]] celebrado en varias localidades onde o principal protagonista é o cabalo galego mestizo xunto coa exhibición de exemplares de cabalo de pura raza galega (PRG).]]
Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestres na área de [[Sabucedo, A Estrada|Sabucedo]], nos [[petróglifo]]s de [[Viladesuso, Oia|Viladesuso]] (na [[Serra da Groba]]), datados no período da [[Idade de Bronce]], ou nano diadema[[Diadema de [[Ribadeo]], onde aparecen cabalos montados xunto a crías e guerreiros, do 2500 a.C. ao 2000 a.C.
 
A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos [[celta]]s chegados do norte da [[Península Ibérica]], cara osaos séculos VII e VI a.C., os que introduciron un cabalo de testa pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos, como [[Estrabón]], [[Marco Valerio Marcial|Marcial]] ou [[Plinio o Vello|Plinio]], ou da época medieval da [[Reconquista]], onde a cría cabalar vencellouse fortemente á actividade colonizadora dos [[mosteiro]]s establecidos durante os séculos [[século X|X]] e [[século XI|XI]] <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/cabalo_pura_raza_galega/ mediorural.xunta.es]</ref>.
 
Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende [[Portugal]] ata [[Escocia]] e [[Islandia]].
Liña 36:
Malia vivir tradicionalmente en réxime de liberdade nas áreas montañosas do relevo galego, principalmente en grupos ou mandas, o cabalo galego foi explotado polo home na antigüidade como animal de combate, e posteriormente destinado á montura e ós labores rurais, sendo en menor medida, polas características da súa [[carne]], empregado tamén para a produción cárnica e o consumo.
 
Coa mecanización da [[agricultura]] e o interese preferente por aumentar a poboación de animais destinados á produción de carne, nas últimas décadas do [[século XX]] a poboación de cabalo de monte xeneticamente pura viuse minguada por mor de procesos de mestizaxe. Neste contexto, cara a finais da década de [[1980]], a iniciativa de diversos organismos internacionais como [[Nacións Unidas]] e a [[FAO]] ou a entón [[CEE]], promovéronse nas instancias de política agraria diversas iniciativas destinadas á protección e conservación das razas domésticas en perigo de extinción <ref>Pose e col. 2001.</ref>.
 
== Desenvolvemento lexislativo ==
Liña 55:
 
== Distribución e cría ==
O cabalo de pura raza galega críase fundamentalmente en réxime de liberdade (ó redor do 75% dos exemplares) en [[monte comunal|montes comunais]] das provincias da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]], así como no norte da de [[Provincia de Lugo|Lugo]] e algunhas mandas no oeste da de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. O terreo axeitado para a cría son as serras abertas, con abundante vexetación arbustiva e escasas árbores e libres da presión humana, espazos nos que se criaba en réxime extensivo, ceibo durante todo o ano. Por tratarse dunha raza rústica, capaz de aproveitar os escasos recursos alimenticios que ofrecen estes ecosistemas e resistir as duras condicións climatolóxicas, desenvólvense e multiplícanse facilmente nestas condicións, onde ningunha raza especializada sobreviviría. O cambio de réxime de cría extensiva cara aá estabulación permanente no caso dos exemplares destinados a equitación explica o cambio desde a denominación orixinal de ''Cabalo galego de monte'' á actual de ''Cabalo de Pura Raza Galega'', contemplando así a cría intensiva <ref>Que, contra 2001, era xa do 20% aproximadamente dos exemplares rexistrados.</ref>.
 
O seu aproveitamento non é [[carne|cárnico]], dado o reducido hábito en Galicia de comer carne de cabalo, senón para actividades deportivas e de lecer, turismo ecuestre etc. Outras razas autóctonas procedentes do mesmo tronco, criadas en [[Francia]] ou [[Inglaterra]], xa son de uso normal en [[equitación]].