Francis Drake: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sinatura
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 30:
Acompañado, segundo conta a [[lenda]], dunha tripulación formada por franceses e escravos africanos, conseguiu unha inmensa fortuna en [[ouro]], pero, como o propio Drake contaba, tivo que deixar atrás un importante botín en [[prata]] xa que era demasiado pesado para levalo a Inglaterra. Durante esta expedición a Nombre de Dios, Drake subiu a unha inmensa [[árbore]] no istmo das montañas de [[Panamá]] e así converteuse no primeiro inglés en ver o [[océano Pacífico]].
 
Cando Drake volveu a Inglaterra o [[9 de agosto]] do [[1573]], os escasos 30 mariñeiros que volveron xunto a el eran todotodos ricos de por [[vida]]. A Raíña Isabel que patrocinaba as súas expedicións e incursións asinara unha tregua temporal polo que non podía recoñecer oficialmente os actos de Drake.
 
=== Estreito de Magalhães ===