Cambón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Aforquillado > gallado.
Isili0n (conversa | contribucións)
*Pértiga > pértega.
Liña 1:
O '''cambón''' ou '''bimbastro''' é un aparello simple para extraer auga desde un pozo ou río. Consta dun poste vertical, de forma gallada (''gancha'', ''forquita''), unha vara longa (''pértigapértega'', ''cambón''), atravesada con respecto ao anterior e que descansa sobre el (unida polo ''pecho''), dotada dun peso nun extremo (polo xeral, unha pedra) e un gancho noutro extremo, no que se colga un recipiente que recolle a auga. Ao alzar o extremo da pértigapértega co peso, baixa a punta co recipiente, que se afunde na auga; a manobra contraria levanta a auga que se verque nun estanque, canle etc. Tense calculado que un home só pode extraer uns 2.500 litros de auga por día.
 
O cambón na [[Galiza]] foi sobre todo usado na zona de influencia climática mediterránea, como a [[provincia de Ourense]]. Aínda que agora está en desuso, até os anos da década de 1970 era corrente observalo en comarcas como [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]], [[Comarca de Viana|Viana]], [[Comarca de Verín|Verín]] ou no [[Bierzo]].