Diferenzas entre revisións de «Carmen de Burgos»

Engadiuse unha imaxe.
(Eliminación de duplicidade dunha nota.)
(Engadiuse unha imaxe.)
 
A partir de 1902 colaborou co xornal ''El Globo,'' onde escribía unha columna titulada ''Notas femeninas'' na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o ''Diario Universal'' e contratouna para manter unha columna diaria titulada ''Lecturas para la mujer'', baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do [[divorcio]], o que lle valeu a admiración de [[Francisco Giner de los Ríos|Giner dos Ríos]] e [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores [[Conservadorismo|conservadores]], que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Instrución Pública]] para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por [[Francia]], [[Italia]] e [[Mónaco]].
[[Ficheiro:Carmen de Burgos by Julio Romero de Torres.jpg|miniatura|Retrato de Carmen de Burgos de 1917 feito polo seu amigo Juio Romero de Torres.]]
 
A finais de 1906 retomou o seu labor docente e xornalístico e lanzou unha campaña no ''Heraldo de Madrid'' a favor do [[sufraxio feminino]] cunha columna titulada ''El voto de la mujer.'' Ao ano seguinte, coa chegada ao [[Goberno e política de España|Goberno]] do conservador [[Antonio Maura]], o ministro de Instrución Pública [[Faustino Rodríguez-San Pedro|Rodríguez-San Pedro]] destinouna a [[Toledo]] para a afastar de Madrid, aínda que eguía volvendo a Madrid todas as fins de semana para animar o faladoiro literario que creara ao seu regreso de Francia: "La tertulia modernista". Aquela reunión semanal de [[Escritor|escritores]], xornalistas, músicos, [[Artes plásticas|artistas plásticos]], poetas e artistas estranxeiros de paso por Madrid mantívose varios anos e estivo na orixe da ''Revista crítica.'' Alí coñeceu a [[Ramón Gómez de la Serna]], daquela un descoñecido estudante de dezaoito anos, con quen mantivo unha intensa relación amorosa e literaria durante vinte anos.
 
19.789

edicións