Carmen de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse a ficha da escritora.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Eliminación de duplicidade dunha nota.
Liña 20:
A partir de 1902 colaborou co xornal ''El Globo,'' onde escribía unha columna titulada ''Notas femeninas'' na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o ''Diario Universal'' e contratouna para manter unha columna diaria titulada ''Lecturas para la mujer'', baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do [[divorcio]], o que lle valeu a admiración de [[Francisco Giner de los Ríos|Giner dos Ríos]] e [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores [[Conservadorismo|conservadores]], que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Instrución Pública]] para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por [[Francia]], [[Italia]] e [[Mónaco]].
 
A finais de 1906 retomou o seu labor docente e xornalístico e lanzou unha campaña no ''Heraldo de Madrid'' a favor do [[sufraxio feminino]] cunha columna titulada ''El voto de la mujer.'' Ao ano seguinte, coa chegada ao [[Goberno e política de España|Goberno]] do conservador [[Antonio Maura]], o ministro de Instrución Pública [[Faustino Rodríguez-San Pedro|Rodríguez-San Pedro]] destinouna a [[Toledo]] para a afastar de Madrid, aínda que eguía volvendo a Madrid todas as fins de semana para animar o faladoiro literario que creara ao seu regreso de Francia: "La tertulia modernista". Aquela reunión semanal de [[Escritor|escritores]], xornalistas, músicos, [[Artes plásticas|artistas plásticos]], poetas e artistas estranxeiros de paso por Madrid mantívose varios anos e estivo na orixe da ''Revista crítica.'' Alí coñeceu a [[Ramón Gómez de la Serna]], daquela un descoñecido estudante de dezaoito anos, con quen mantivo unha intensa relación amorosa e literaria durante vinte anos.<ref name="Yorokobu">{{Cita web|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|páxina-web=|editorial=Yorokobu|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia.|data-acceso=}}</ref>
 
Tras o desastre do [[Rif]] en [[1909]], Carmen de Burgos decidiu achegarse ás tropas españolas que loitaban arredor de [[Melilla|Melilla.]] Alí exerceu de [[correspondente de guerra]] do diario ''El Heraldo'' de [[Málaga|Málaga.]] Xa de volta a Madrid, publicou o artigo ''Guerra a la guerra!'', no que defendía os pioneiros da [[obxección de conciencia]].
Liña 28:
O [[8 de outubro]] de [[1932]], mentres participaba nunha mesa redonda sobre educación sexual no ''Círculo Radical Socialista'', Carmen de Burgos empezou a sentirse mal e foi trasladada ao seu domicilio, onde a atenderon tres médicos, entre os cales estaba o seu amigo [[Gregorio Marañón y Posadillo|Gregorio Marañón]], pero sen éxito. Faleceu ás dúas da madrugada do día 9 e foi enterrada no [[cemiterio]] civil de Madrid en presenza dos principais políticos e intelectuais da época. [[Clara Campoamor]], xunto con varios intelectuais, pediu que se lle dese o seu nome a unha rúa de Madrid. Tras a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e a vitoria do réxime franquista, o seu nome foi incluído na lista de autores prohibidos e os seus libros desapareceron das [[Biblioteca|bibliotecas]] e as [[Librería|librarías]].
 
Relacionouse, entre outros, con [[Benito Pérez Galdós|Galdós]], [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], [[Juan Ramón Jiménez]], [[Julio Romero de Torres]], [[Joaquín Sorolla|Sorolla]], etc. Considérase unha das primeiras defensoras do papel social e cultural da muller. Defendeu así mesmo a liberdade e o goce de existir. Decididamente independente, creu nun mundo mellor e foi unha temperá feminista, aínda que ela odiaba ese termo. Na súa obra ''La mujer moderna y sus derechos'' (1927) definía a súa postura como un feminismo conciliador ao explicar: "Non é a loita de sexos, nin a inimizade co home, senón que a muller desexa colaborar con el e traballar a carón del".<ref name="Yorokobu">{{Cita web|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|páxina-web=|editorial=Yorokobu|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|editorialdata-acceso=Yorokobu}}</ref>
 
Desenvolveu unha estreita amizade coa escritora portuguesa [[Ana de Castro Osório]].<ref>Ballesteros Garcúa, Rosa María (2003). "[http://www.uclm.es/varios/revistas/docenciaeinvestigacion/numero3/RosaBallesteros.asp El krausismo y la educación femenina en España: Carmen de Burgos y Dolores Cebrián, maestras de la Normal de Toledo]". En ''Docencia e Investigación. Revista de la Escuela Universitaria de Magisterio de Toledo''. [ISSN: 1133-9926]</ref>