Diferenzas entre revisións de «Administración única»

Feijóo
(Feijóo)
A proposta de administración única era o corolario político-administrativo doutras ideas defendidas por Manuel Fraga Iribarne como o principio de [[autoidentificación]] como defensa da cultura e personalidade identitaria de Galicia como pobo dentro dunha España unida pero diversa. Asemade defendíase a constitución dunha [[Conferencia de Presidentes]], un [[Senado]] autonómico análogo ao dos Estados Federais, un Consello Económico e Social estatal con presenza autonómica, o protagonismo das comunidades autónomas na elección dunha parte dos maxistrados do [[Tribunal Constitucional]] e a participación de Galicia nas institucións europeas incluído, en temas cruciais como a Pesca, no Consello de Ministros da [[Unión Europea]]. Isto neutralizaría a reabsorción competencial centralizadora pola vía da execución da normativa europea, as leis básicas estatais, a xurisprudencia do Tribunal Constitucional ou a ordenación xeral da economía.
 
O sucesor de Manuel Fraga, [[Alberto Núñez FeijooFeijóo]] non incorporou estas ideas ao seu discurso político. Estas desapareceron dos programas do [[Partido Popular de Galicia]] a partir da VII lexislatura.
 
[[Categoría: Política]]
100.015

edicións