Carmen de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxos nunha "Nota".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxouse unha "Nota".
Liña 24:
Traballou en ''El Universal'', ''El Globo'', ''La Correspondencia de España, El Heraldo de Madrid ''e ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', diario do que foi a primeira redactora. Cubriu diferentes episodios da [[Guerra do Rif|Guerra de Melilla]] en 1909 e foi unha das primeiras mulleres correspondentes de guerra da historia de España. Ademais da súa intensa obra xornalística son salientables as súas conferencias no ámbito do movemento feminista; por exemplo: ''La misión social de la mujer'' (1911) e ''La mujer en España.'' Non foi moi ben considerada por un importante sector dos críticos e escritores contemporáneos, que en moitas ocasións colocaron o seu labor e a súa obra relegados e reducidos á condición de amante de [[Ramón Gómez de la Serna|Ramón Gómez da Serna.]]
 
Entre as súas novelas máis populares pódese citar ''Puñal de claveles'', escrita ao final da súa vida e baseada no suceso coñecido como o "crime de Níjar", que tivo lugar en 1928 en Níjar e que foi unha das inspiracións con que contou [[Federico García Lorca]] para as súas ''[[Bodas de sangre]]''.<ref>Edición dixital de ''[http://www.juntadeandalucia.es/cultura/bivian/media/flashbooks/lecturas_pendientes/punal_de_claveles/index.html Edición dixitalPuñal de claveles]''. ''Biblioteca Virtual de Andalucía''.</ref>
 
=== Ensaio e outros escritos ===