Diferenzas entre revisións de «Carmen de Burgos»

Arranxos nunha "Nota".
(Arranxos en "Notas".)
(Arranxos nunha "Nota".)
En xuño de 1895 obtivo en Madrid a titulación de mestra de Ensino Elemental Primario e en [[1895|1898]] a de Ensino Superior[[Madrid|.]] En [[1901]] obtivo praza mediante oposición na Escola Normal de [[Mestre|Mestras]] de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara.]] Ese ano morreu o seu fillo e decidiu abandonar un marido infiel e vividor para comezar unha nova vida independente coa súa filla.
 
A partir de 1902 colaborou co xornal ''El Globo,'' onde escribía unha columna titulada ''Notas femeninas'' na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o ''Diario Universal'' e contratouna para manter unha columna diaria titulada ''Lecturas para la mujer'', baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do [[divorcio]], o que lle valeu a admiración de [[Francisco Giner de los Ríos|Giner dos Ríos]] e [[Vicente Blasco Ibáñez|Blasco Ibáñez]], pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores [[Conservadorismo|conservadores]], que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Instrución Pública]] para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por [[Francia]], [[Italia]] e [[Mónaco]].<ref name="Yorokobu">{{Cita web|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|páxina-web=|editorial=Yorokobu|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|editorialdata-acceso=Yorokobu}}</ref>
 
A finais de 1906 retomou o seu labor docente e xornalístico e lanzou unha campaña no ''Heraldo de Madrid'' a favor do [[sufraxio feminino]] cunha columna titulada ''El voto de la mujer.'' Ao ano seguinte, coa chegada ao [[Goberno e política de España|Goberno]] do conservador [[Antonio Maura]], o ministro de Instrución Pública [[Faustino Rodríguez-San Pedro|Rodríguez-San Pedro]] destinouna a [[Toledo]] para a afastar de Madrid, aínda que eguía volvendo a Madrid todas as fins de semana para animar o faladoiro literario que creara ao seu regreso de Francia: "La tertulia modernista". Aquela reunión semanal de [[Escritor|escritores]], xornalistas, músicos, [[Artes plásticas|artistas plásticos]], poetas e artistas estranxeiros de paso por Madrid mantívose varios anos e estivo na orixe da ''Revista crítica.'' Alí coñeceu a [[Ramón Gómez de la Serna]], daquela un descoñecido estudante de dezaoito anos, con quen mantivo unha intensa relación amorosa e literaria durante vinte anos.<ref name="Yorokobu">{{Cita web|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|editorial=Yorokobu}}</ref>
Na súa obra ''La mujer moderna y sus derechos'' (1927) definía a súa postura como un feminismo conciliador ao explicar: "Non é a loita de sexos, nin a inimizade co home, senón que a muller desexa colaborar con el e traballar a carón del".<ref name="Yorokobu">{{Cita web|título=Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia|url=http://www.yorokobu.es/carmen-de-burgos/|editorial=Yorokobu}}</ref>
 
Desenvolveu unha estreita amizade coa escritora portuguesa [[Ana de Castro Osório]].<ref>{{CitaBallesteros publicaciónGarcúa, Rosa María (2003). "[http://www.uclm.es/varios/revistas/docenciaeinvestigacion/numero3/RosaBallesteros.asp periódica|título=El krausismo y la educación femenina en España: Carmen de Burgos y Dolores Cebrián, maestras de la Normal de Toledo|]". En ''Docencia e Investigación. Revista de la Escuela Universitaria de Magisterio de Toledo''. [ISSN=: 1133-9926|número=13|url=http://www.uclm.es/varios/revistas/docenciaeinvestigacion/numero3/RosaBallesteros.asp}}]</ref>
 
== Obra ==
19.912

edicións