Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Amalgama > amálgama.
m arranxiños corrector
Liña 9:
| lugarnacemento= [[Leiden]]
| datamorte = [[4 de outubro]] de [[1669]] <small>(63 anos)</small>
| lugarmorte = [[ÁmsterdanÁmsterdam]]
| nacionalidade = holandés
| cónxuxe = Saskia van Uylenburg
Liña 25:
[[Ficheiro:The_Nightwatch_by_Rembrandt.jpg|miniatura|210 px|''A Rolda de noite'', 1642. A pintura de Rembrandt é revolucionaria, substitúe o tradicional retrato en grupo, estático e harmoniosamente ordenado, por un fragmento vital, desordenado e tumultuoso.]]
 
'''Rembrandt Harmenszoon van Rijn''', nado en [[Leiden]] o [[15 de xullo]] de [[1606]] e finado en [[ÁmsterdanÁmsterdam]] o [[4 de outubro]] de [[1669]], foi un [[pintura|pintor]] e [[gravado]]r [[Países Baixos|neerlandés]], considerado un dos grandes pintores europeos da [[historia da arte]] e o máis importante do seu país<ref name="Gombrich, p. 420">{{Cita Harvard sen parénteses|Gombrich|1995|p= 420}}</ref>. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron [[Século de Ouro holandés]] no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio.
 
Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica. Os seus debuxos e pinturas foron sempre moi populares, gozando tamén de gran predicamento entre os artistas, e durante vinte anos converteuse no mestre de prácticamentepracticamente todos os pintores neerlandeses<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 203}}</ref>. Entre os maiores logros creativos de Rembrandt están os maxistrais [[retrato]]s que realizou para os seus contemporáneos, os seus [[autorretrato]]s e as súas ilustracións de escenas [[biblia|bíblicas]]. Nos seus autorretratos, especialmente, atopamos sempre a mirada humilde e sincera dun artista que trazou neles a súa propia biografía.<ref name="Gombrich, p. 420" />
 
Nas primeiras composicións de Rembrandt está presente a influencia de [[Caravaggio]], pero xa dende pronto afirma a súa linguaxe persoal, onde a atmosfera dourada e os efectos luminosos con figuras que emerxen das sombras caracterizan a súa pintura ata presentar a realidade desfigurada. A súa percepción psicolóxica humaniza tanto os protagonistas dos seus abondosos retratos como os personaxes de escenas bíblicas. A espiritualidade das súas pinturas, con formas cada volta máis desfiguradas, faise compatible coa realidade material.
 
Rembrandt tiña un profundo coñecemento da [[iconografía]] clásica, e nas súas pinturas e gravados adoitaba interpretala libremente para axustala á súa propia experiencia. Así, na representación dunha escena bíblica Rembrandt adoitaba combinar o seu propio coñecemento do texto co seu particular concepto da [[composición]] clásica e algunhas observacións anecdóticas da poboación [[xudaísmo|xudía]] de [[ÁmsterdanÁmsterdam]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 203-4}}</ref> Pola [[empatía]] con que retratou a condición humana, Rembrandt foi considerado ''"un dos grandes profetas da civilización"''.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 205}}</ref>
 
::''Ningún artista combinou nunca tan delicada habilidade con tanta enerxía e poder''.<ref>Diccionario biográfico Chambers.</ref>
Liña 42:
[[Ficheiro:Rembrandt aux yeux hagards.jpg|miniatura|esquerda|170px|''Autorretrato con capa e ollos mui abertos'', [[augaforte]] e [[buril]], 1630.]]
=== Primeiros anos ===
'''Rembrandt'''<ref group='nota'>A "d" apareceu no seu apelido en cadros asinados en 1633. Anteriormente, "Rembrant" identificara os seus cadros cunha combinación de iniciais e anagramas, tal como [[Durero]] adoitaba facer. En 1632, o artista empezou a asinar co seu primeiro apelido, "Rembrant". Ao ano seguinte empezou a utilizar a nova grafía do seu primeiro apelido, e mantívoa durante o resto da súa vida. Aínda que só se pode especular, apuntouse que esta decisión poida deberse á súa vontade de ser recoñecido polo seu nome, como os grandes artistas do [[Renacemento]] -[[Rafael Sanzio|Rafael]], ou [[Leonardo da Vinci|Leonardo]]- e reflectía o orgullo profesional dun gremio de crecente prestixio. Véxase [http://www.rembrandt-signature-file.com esta páxina] para máis información sobre a firma de Rembrandt.</ref> '''Harmenszoon van Rijn''' foi o noveno fillo do matrimonio formado por Harmen Gerritszoon van Rijn e Neeltgen Willemsdochter van Zuytbrouck.<ref>Bull, ''et al.'', p. 28.</ref> De familia acomodada -o seu pai era muiñeiro e a súa nai a filla dun [[panadeiro]], profesións entón moi lucrativas-, Rembrandt recibiu a súa educación básica en [[latín]], e posteriormente asistiu á [[Universidade]] de [[Leiden]]. Segundo os seus coetáneos, o mozo xa manifestaba unha marcada afección á [[pintura]], que lle levou a converterse en aprendiz dun pintor histórico de Leiden chamado [[Jacob van Swanenburgh]], con quen estudaría durante tres anos. Tras un breve pero intenso aprendizaxe de seis meses co soado [[Pieter Lastman]], en [[ÁmsterdanÁmsterdam]], Rembrandt inaugurou o seu propio estudo en Leiden en 1624 ou 1625 -as datas difieren segundo cada fonte-, que compartiría co seu amigo e colega [[Jan Lievens]]. Pieter Lastman é o que máis lle influíu e o que lle transmitiu as tendencias italianas máis de moda; proba diso é que as súas primeiras obras, como'' [[Lapidación de San Estebo]]'', están moi influenciadas polo seu estilo. Alí o seu estilo foi evolucionando desde uns inicios de cor brillantes e xestos esaxerados ata chegar a ter un gran dominio do [[claroscuro]]; esta técnica tan típica do [[Barroco]] é a máis característica da súa obra, e a que lle dá máis forza e personalidade. En 1627, Rembrandt empezou a impartir clases de pintura, e entre os seus numerosos alumnos destacou [[Gerrit Dou]].<ref group='nota'>Slive escribiu unha biografía completa sobre este personaxe, vid. páx.55 e ss.</ref>
 
En 1629 Rembrandt foi descuberto polo [[estadista]] Constantijn Huygens -pai do soado matemático e físico [[Christiaan Huygens]]-, quen lle facilitaría importantes encargos da corte da [[A Haia|Haia]]. Como resultado desta relación, o mesmo príncipe [[Federico Henrique de Orange-Nassau|Frederik Hendrik]] foi adquirindo obras de Rembrandt ata 1646.<ref>Slive, pp. 60, 65</ref>
Liña 48:
[[Ficheiro:Saskia.jpg|miniatura|esquerda|170px|Retrato de Saskia van Uylenburg (c. 1635)]]
[[Ficheiro:Rembrandt Harmensz. van Rijn 103.jpg|miniatura|170px|''[[Titus coma un monxe]]'' (1660), retrato de [[Titus van Rijn]], o fillo de Rembrandt e Saskia, vestido de monxe.]]
A finais do [[1631]], como consecuencia da morte do seu pai, Rembrandt trasladouse a [[ÁmsterdanÁmsterdam]], a nova capital das empresas dos Países Baixos que vivía un crecemento económico importante. En Amsterdam Rembrandt comezou a exercer como retratista profesional por primeira vez, e fíxoo cun grande éxito. Asociou co marchante [[Hendrick van Uylenburgh]], a través de quen coñeceu a [[Saskia van Uylenburgh]], que era filla do seu primo [[Rombertus van Uylenburgh]], con quen se casou o [[22 de xuño]] de [[1634]] .<ref>Slive, pàg. 60-61</ref>
Saskia era unha moza de boa familia: o seu pai fora [[avogado]] e burgomaestre de [[Leeuwarden]]. Cando Saskia quedou orfa, sendo a irmá menor, tivo que irse vivir coa súa irmá en [[Het Bildt]]. O matrimonio, celebrado na igrexa local de St. Annaparochie, non contou coa asistencia dos parentes de Rembrandt. Ese mesmo ano Rembrandt converteuse nun membro máis da [[burguesía]] de ÁmsterdanÁmsterdam, así como da sociedade local de pintores. Entre os seus novos alumnos figuraban [[Ferdinand Bol]] e [[Govert Flinck]].<ref name=Bull-28>Bull, et al, p. 28</ref>
 
En 1635 o novo matrimonio mudouse á súa nova casa, situada no elegante barrio de Nieuwe Doelenstraat. En [[1639]], o matrimonio volveuse a mudar a unha casa, máis cara (o edificio é actualmente a sede da [[Casa Museo de Rembrandt|casa-museo Rembrandt]]), situada ao sur da rúa Sint Antoniesbreestraa, tramo que máis tarde pasaria a chamarse ''Jodenbreestraat'' (''Rúa Maior Xudía''), xa que esta zona de [[Ámsterdam]] estábase convertendo no barrio xudeu, a hipoteca para financiar a compra foi de 13.000 [[Florín neerlandés|floríns]];<ref group='nota'>A débeda contraída para poder pagar esa casa converteuse nun pesadelo económico para Rembrandt que lle perseguiría toda a súa vida.</ref> esta sería unha das causas principais para as súas posteriores dificultades financeiras.<ref name=Bull-28 /> En realidade, Rembrandt podía haber pago sobradamente o piso, pero ao parecer o seu nivel de gastos sempre se mantivo equilibrado co seu nivel de ingresos, e tamén puido realizar algúns investimentos pouco afortunadas.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 26-7, 76, 102}}</ref> Foi alí onde Rembrandt tratou a miúdo cos seus veciños xudeus, que serían modelo para as súas escenas do Antigo Testamento.<ref>Adams, pàg. 660</ref> Pese á inicial bonanza económica, co paso do tempo a parella atravesou numerosos reveses: así, o seu fillo Rumbartus morreu aos dous meses do seu nacemento, en 1635, e a súa filla Cornelia morreu ás tres semanas de idade, en 1638. En 1640 o matrimonio tivo unha segunda filla, á que tamén chamaron Cornelia, e que faleceu ao cabo dun mes. Só o seu cuarto fillo, [[Titus van Rijn]] (nacido en 1641) chegou a alcanzar a madurez. Saskia faleceu en 1642, ao pouco do parto de Titus, probablemente por [[tuberculose]]. Os debuxos de Rembrandt do leito de morte da súa esposa son imaxes profundamente conmovedoras.<ref name=Slive-71>Slive, p. 71</ref>
Liña 61:
 
=== Creba económica e últimos anos ===
Rembrandt sempre viviu por encima das súas posibilidades, investindo en arte -ás veces poxando polas súas propias pinturas-, gravados -que adoitaba utilizar nas súas pinturas- e todo tipo de curiosidades. En 1656 xa se tomaron certas medidas nos xulgados para impedir a súa declaración de [[bancarrota]], e o artista tivo que vender a maioría das súas pinturas e boa parte da súa colección de antigüidades. A lista de obxectos poxados conservouse, e dá unha idea das posesións materiais do pintor: debuxos e pinturas dos vellos mestres [[pintura flamenga|flamengos]], bustos de [[emperador]]es [[Imperio romano|romanos]], fragmentos de [[armadura]]s [[Xapón|xaponesas]], curiosidades traídas do Extremo Oriente, e coleccións de [[Historia natural]] e [[mineral]]es. Os beneficios destas vendas, realizadas entre 1657 e 1658, resultaron decepcionantes,<ref>Slive, páx. 84</ref> de modo que en 1660 non tivo máis remedio que vender a súa casa e o seu taller de [[gravado]] e mudarse a un apartamento máis modesto en [[Rozengracht]].<ref>Schwarz, p. 12.</ref><ref group='nota'>A venda efectuouse en 1658, pero concedéronselle dous anos de atraso na mudanza.</ref> Rembrandt aínda gozaba de certo prestixio, e tanto as autoridades como os seus acredores adoitaban mostrarse bastante tolerantes. Paradoxicamente, a sociedade de pintores de ÁmsterdanÁmsterdam considerouno un escándalo, e adaptou os seus regulamentos para que ninguén que estivese nunha situación económica como a de Rembrandt puidese comerciar como pintor. Para evitar esta medida, Hendrickje e o propio Titus abriron o seu propio negocio de arte en 1660, no que Rembrandt traballaba como ''empregado.''<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 105}}</ref>
 
Así, en 1661, esta "axencia artística" recibiu o encargo de realizar unha pintura para o recentemente construído [[concello]], pero só despois de que [[Govert Flinck]], o artista que recibira inicialmente o encargo falecese sen dar unha soa pincelada. Desgraciadamente, a obra resultante -''"A conspiración de Claudius Civilis"''- foi rexeitada e devolta ao pintor; o único fragmento conservado é só parte da obra realizada.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 60-61}}</ref> Foi por entón cando Rembrandt, gravemente afectado pola idade e a pobreza, admitiu a [[Aert de Gelder]] como o seu último alumno. Cara a 1662 aínda recibía encargos importantes de retratos das personalidades da súa contorna.<ref>Bull, ''et al.'', pág. 29.</ref> O mesmo [[Cosme III de Toscana|Cosme III de Médici]], [[Gran Duque de Toscana]] visitou a Rembrandt no seu domicilio, cando chegou a ÁmsterdanÁmsterdam en 1667.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 34}}</ref>
 
Rembrandt sobreviviu tanto a Hendrickje -falecida en 1663- como ao seu fillo Titus, que morreu o 7 de setembro de 1668, deixándolle unha neta. Rembrandt morreu un ano despois do falecemento do seu fillo, o 4 de outubro de 1669, e foi enterrado nunha tumba sen nome no [[Westerkerk]] de ÁmsterdanÁmsterdam.<ref>Slive, p. 83</ref>
== Obra ==
[[Ficheiro:Rembrandt_Christ_in_the_Storm_on_the_Lake_of_Galilee.jpg|miniatura|esquerda|''"Cristo na tormenta no lago de Galilea"'', 1633. En paradeiro descoñecido desde o seu roubo do museo Isabella Stewart Gardner en 1990.]]
Liña 89:
Foi durante o período en [[Leiden]] (1625-1631) cando se pode falar dunha maior influencia de Lastman. É probable falar tamén de certo influxo de Lievens durante aquela primeira etapa de formación.<ref name=Wetering-284>van de Wetering, p. 284.</ref> As pinturas desta época son bastante pequenas, pero ricas en detalles, especialmente en vestiduras e [[xoiaría]]. Os temas preferidos nesta etapa son obras [[relixión|relixiosas]] e [[alegoría|alegóricas]], do mesmo xeito que os ''"tronie"'', xénero popularmente holandés.<ref name=Wetering-284 /><ref group="nota">''"Tronie"'', en holandés, "cara", era un tipo de retrato que nas [[Provincias Unidas]] alcanzou certa tipificación. Xeralmente, o ''tronie'' representaba a un tipo popular, nun plano medio, en actitude cómica ou simplemente relaxada. Como retrato anónimo, o ''[[tronie]]'' correspondía a un desexo de mostrar o virtuosismo con que un pintor podía representar expresións pouco convencionais; o seu pequeno formato e o seu carácter desenfadado fíxoos moi cotizados entre os burgueses holandeses. Vid. HIRSCHFELDER, Dagmar; ''Tronie und Porträt in der niederländischen Malerei des 17,'' Jahrhunderts, Berlin: Gebr. Mann Verlag, 2008. ISBN 978-3-7861-2567-9.</ref> En 1626 Rembrandt produciu os seus primeiros gravados, e a rápida difusión característica deste medio gañáronlle fama internacional.<ref name=Wetering-284 /> En 1629 pintou ''"Xudas, devolvendo as moedas de prata"'' e ''"O artista no seu estudo"'', obras que evidencian o seu progresivo interese no uso da luz e o enriquecemento dos seus registros matéricos; esta obra constitúe o primeiro gran progreso da súa carreira e un punto crave no seu crecemento como pintor.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 285}}</ref>
 
==== Primeiro período en ÁmsterdanÁmsterdam (1632-1636) ====
[[Ficheiro:Rembrandt, Portret van Haesje v.Cleyburg 1634.jpg|miniatura|150px|Un típico retrato de 1634, cando Rembrandt gozaba dun enorme éxito comercial.]]
Durante os seus primeiros anos en [[ÁmsterdanÁmsterdam]], Rembrandt comezou a pintar escenas bíblicas e mitolóxicas de carácter máis [[drama|dramático]], fortemente contrastadas e en grandes formatos. A esta época pertencen ''"O cegamento de Sansón"'' (1636), ''"A festa de Belshazzar"'' (c. 1635) e a ''"[[Dánae (Rembrandt)|Dánae]]"'' que emulaba o estilo barroco de [[Peter Paul Rubens|Rubens]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 287}}</ref> Coa axuda ocasional de asistentes no seu taller de Uylenburgh, Rembrandt satisfixo numerosos encargos de retratos, tanto pequenos (''"Jacob de Gheyn III"'') como grandes (''"Retrato do armador Jan Rijcksen e a súa esposa"'', (1633); ''"[[Lección de anatomía do Dr. Nicolaes Tulp]]"'', datado en 1632).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 286}}</ref>
 
==== Segundo período en ÁmsterdanÁmsterdam (1636-1650) ====
A finais da década dos ano 30, Rembrandt producira apenas algunhas pinturas e uns poucos gravados de tema [[paisaxe|paisaxístico]]. A miudo, estas pinturas adoitaban destacar o aspecto dramático da natureza, reflectida en árbores desarraixados e nubes ominosas (''"Casa de campo ante un ceo tormentoso"'', 1641; ''"As tres árbores"'', 1643). A partir de 1640, Rembrandt foi eliminando os trazos máis pintorescos e o seu estilo volveuse máis sombrío e comedido, quizais debido ás traxedias persoais que xa empezaran a sucederlle.
 
Liña 106:
 
Rembrandt pintou este cadro entre 1640 e 1642. A pintura foi chamada ''"Nacht Wacht"'' polos holandeses e ''"Night Watch"'' por [[Sir]] [[Joshua Reynolds]] porque no momento do seu descubrimento as cores ao óleo apagáronse tanto que moitos detalles eran indistinguibles e parecíase bastante a unha escena nocturna. Logo de sucesivas [[conservación e restauración|restauracións]], revelouse que a escena representada era unha escena diúrna: unha partida de [[mosqueteiro]]s pasando dun sombrío patio á cegadora luz do sol.
A obra foi encargada para o novo concello dos ''Kloveniersdoelen'', nela aparece a milicia do capitán Frans Banning Cocq no momento no que este dá a orde de marchar ao alférez Willem van Ruytenburch. Rembrandt afastouse da representación convencional destas agrupacións -que xeralmente eran retratadas dun modo bastante estático e formal- para pintar unha escena que suxire a observación directa da acción: A [[milicia]] abandona o acuartelamento, dispoñéndose para saír de misión.<ref group='nota'>A índole da mesma, é si é unha patrulla cotiá ou unha saída extraordinaria, é un tema suxeito a discusión. [[Peter Greenaway]] realizou en 2006 unha obra audiovisual na que suscita como hipótese a execución dun asasinato.</ref> Malia toda a especulación desatada, a obra foi recoñecida como un éxito desde o momento da súa entrega. Seccionaronse algunhas partes<ref group='nota'>Estimouse que se recortou ao redor dun 20% da marxe esquerda da imaxe.</ref> do cadro para axustalo á parede en que estaba destinado a ser colgado cando se trasladou ao concello de ÁmsterdanÁmsterdam en 1715. De calquera modo, o [[Rijksmuseum]] conserva unha reprodución a menor escala na que se aprecia a idea orixinal da obra, coas catro figuras principais no centro da imaxe. Esta obra está exposta hoxe en día no Rijksmuseum, onde ocupa toda a parede da maior sala da galería<ref>[https://www.rijksmuseum.nl/en/explore-the-collection/overview/rembrandt-harmensz-van-rijn Páxina web do Rijksmuseum].</ref>
 
==== Período tardío (1650-1669) ====
Liña 147:
* c. 1629 - ''Cristo en Emaús'' ([[Museo Jacquemart-André]], [[París]])
* 1630 - ''A resurrección de Lázaro'' ([[Museo de Arte do Condado dos Ánxeles|LACMA]], [[Os Ánxeles]])
* 1630 - ''[[Xeremías prevé a destrución de Xerusalén]]'' ([[Rijksmuseum]], [[ÁmsterdanÁmsterdam]])
* 1630-35 - ''Turco'' ([[National Gallery of Art|Galería Nacional de Arte]], [[Washington D. C.]])
* 1631 - ''Retrato de Nicolaes Ruts'' ([[Colección Frick]], [[Nova York]])
Liña 164:
* 1636 - ''[[Susana e os vellos (Rembrandt)|Susana e os vellos]]'' ([[Mauritshuis]], [[A Haia]])
* 1636 - ''[[O fillo pródigo na taberna]]'' ([[Gemäldegalerie Alte Meister|Gemäldegalerie]], [[Dresde]])
* 1642 - ''[[A rolda de noite (Rembrandt)|A rolda de noite]]'' ([[Rijksmuseum]], [[ÁmsterdanÁmsterdam]])
* 1643 - ''Cristo curando aos doentes'' ([[Vitoria and Albert Museum]], [[Londres]]<ref group='nota'>É un augaforte coñecido tamén como ''A estampa dos cen floríns'' pola enorme suma que se pagou por el (100 floríns daquela época).</ref>)
* 1647 - ''Vella dama cun libro'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
Liña 170:
* 1650 - ''O filósofo'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
* 1650 - ''[[O muíño]]'' ([[National Gallery of Art]], [[Washington D. C.]])
* 1652 - ''[[Os síndicos dos paneiros]]'' ([[Rijksmuseum]], [[ÁmsterdanÁmsterdam]])
* 1653 - ''O sacrificio de Isaac'' (Museo Hermitage, San Petersburgo)
* 1653 - [[Aristóteles contemplando o busto de Homero|''Aristóteles a contemplar o busto de Homero'', ou ''Aristóteles cun busto de Homero'']] ([[Metropolitan Museum of Art]], [[Nova York]])
Liña 178:
* 1656 - ''Muller a ofrecer un caravel'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
* 1656 - ''Xacob a bendicir os fillos de Xosé'' (Staatliche Kunstsammlungen, [[Kassel]])
* 1656 - ''Lección de anatomía do doutor Deyman'' ([[Rijksmuseum]], [[ÁmsterdanÁmsterdam]])
* 1657 - ''O apóstolo Paulo'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
* 1658 - ''Autorretrato'' ([[Colección Frick]], [[Nova York]])
Liña 192:
* 1662 - ''Retrato de home con galera'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
* 1662-63 - ''Moza sentada nunha mesa'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
[[Ficheiro:Rembrandts house, Amsterdam.jpg|thumb|180px|upright|A casa do artista en [[ÁmsterdanÁmsterdam]], hoxe a [[Casa Museo Rembrandt]].]]
* 1664 - ''Lucrecia'' (Galería Nacional de Arte, Washington D. C.)
* 1666 - ''[[A noiva xudía]]'' (Rijksmuseum, Amsterdam)
Liña 200:
 
==== Coleccións en museos ====
Nos [[Países Baixos]], a maior colección de Rembrandt está reunida no [[Rijksmuseum]] de [[ÁmsterdanÁmsterdam]], que conta con obras como ''"De Nachtwacht"'' (''[[A rolda de noite (Rembrandt)|A rolda de noite]]'') ou ''"De Joodse bruid"'' (''[[A noiva xudía]]''). Varios dos seus [[autorretrato]]s están expostos no [[Mauritshuis]] da [[A Haia|Haia]]. No seu domicilio de Amsterdam, convertido en casa-museo, expóñense exemplares de moitos dos seus [[gravado]]s; hainos ademais repartidos polas principais coleccións de gravados de todo o mundo. Fóra do seu país, as maiores coleccións de pintura de Rembrandt localízanse no [[National Gallery]] de [[Londres]], a [[Gemäldegalerie de Berlín|Gemäldegalerie]] de [[Berlín]], o [[Hermitage]] de [[San Petersburgo]], a [[Gemäldegalerie Alte Meister]] de [[Dresde]], o [[Louvre]] de [[París]] e outros museos en [[Nova York]], [[Washington, D.C.|Washington]], e [[Kassel]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 147-50}} Véxase o catálogo achego na bibliografía para saber máis sobre a localización de todos os Rembrandt canónicos.</ref> Algunhas das pinturas de Rembrandt localizáronse en institucións e coleccións privadas en [[California]] do sur.
 
A presenza do artista en coleccións de [[España]] é moi limitada: só dous cadros e gravados, aínda que inclúe obras importantes. O [[Museo do Prado]] posúe o cadro bíblico ''[[Artemisa (Rembrandt)|Judit]]'', antes identificado como ''Artemisa''. O [[Museo Thyssen-Bornemisza]] posúe un ''Autorretrato'', que tras dúbidas de autoría confirmouse como orixinal. Queda pendente de comprobación a táboa ''Paisaxe con vila fortificada'' do [[Palacio de Liria]] (Colección [[Casa de Alba]]). A [[Biblioteca Nacional de España]] posúe un nutrido conxunto de gravados, entre os que destaca un ''Autorretrato'' con retoques a lapis do propio artista.