Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
trazaría
Liña 22:
A Igrexa é románica e protogótica. A actual encetouse en [[1183]] e consta de tres naves e unha tripla [[ábsida]] semicircular. As tres naves están cubertas por bóvedas de crucería. A ábsida central presenta a peculiaridade de ser máis baixa que as laterais. A fachada é simple e dunha época posterior (século XVIII), presidida por unha imaxe de Santo [[Estevo Mártir|Estevo]] e enmarcadas por sendas torres piramidais e balcóns corridos. No interior o retablo de catro corpos é obra de [[Juán de Angés]]. Salienta un retablo en pedra medieval onde se representa a [[Xesús de Nazaret|Xesucristo]] cos doce [[apóstolo]]s.
 
O [[claustro]] procesional ou dos Bispos presenta arcos de medio punto románicos na planta baixa e arcos carpaneis renacentistas na superior, coroada por unha obra de traceríatrazaría típica dun gótico florido tardío. Sosteñen a estrutura contrafortes de sección prismática. No século XVI substitúese a cuberta de madeira por bóvedas de crucería estrelada.
 
O claustro da Portería, de grandes dimensións e con alas distribuídas en tres corpos, e un terceiro claustro, de dous corpos, teñen influencia herreriana da man de [[Diego de Isla]] con arcos de medio punto.