Alfonso Alcalá Martín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
En [[1909]] asistiu ao parladoiro madrileño da cafetería Excelsior, onde naceu o movemento [[Acción Gallega]]. En [[1910]] colaborou co periódico ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' do que chegou a ser redactor-xefe en 1911. Os seus escritos tratan aspectos do caciquismo en xeral (cunerismo, reparticións de consumos etc.) e do caciquismo galego en particular (con reiteradas críticas ao [[bugallalismo]]). Tamén colaborou en ''[[Vida Gallega]]''.<ref>[http://hemerotecadigital.bne.es/pdf.raw?query=parent%3A0002349536+type%3Apress%2Fpage&name=El+Pa%C3%ADs+%28Madrid.+1887%29.+26-3-1909 "''Acaba de ser nombrado redactor literario en Madrid de la excelente revista «Vida Gallega», nuestro estimado compañero en la prensa D. Alfonso Alcalá Martín''"] ''[[El País (1887-1921)|El País]]'', 26/3/1909, p. 3.</ref><ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1170994&interno=S&presentacion=pagina&posicion=34 «Luis Antón del Olmet»] artigo de Alfonso Alcalá Martín en ''Vida Gallega'' n.º 6, xuño de 1909.</ref> Neste mesmo ano, xunto con [[Basilio Álvarez]], [[Luís Antón del Olmet]] e [[Rafael Carvajal]], pasou a formar parte da redacción de ''[[El Debate]]''. Intensificou a súa amizade con Basilio Álvarez e a súa integración total, como home de confianza daquel, no movemento de Acción Gallega. En Galicia, interviu nos acontecementos da comarca de Viana tomando parte, xunto con Basilio, nun mitin organizado polas sociedades agrícolas en Madrid, adhírese á Liga Agraria, Redencionista Gallega e asina a protesta por non situar en Santiago de Compostela unha cátedra de Literatura Galaico-Portuguesa. En 1911, solidarizándose coa actitude de Basilio Álvarez, renunciou con este ao seu posto de redactor de ''[[El Debate]]'', acompañándoo a Galicia, onde participou en varios mitins de Acción Gallega e na [[III Asemblea de Monforte de Lemos]]. En 1912, reincorporado ao xornalismo madrileño, foi xefe de redacción de ''Acción Gallega'' na súa época máis radical, substituíndo a [[Eugenio López Aydillo]]. Tamén formou parte da Junta Central do movemento, sita en Madrid. Mantívose fiel á radicalización de Acción Gallega ata as escisións da fronte madrileña do movemento de 1914, cando naceu un novo portavoz xornalístico. Desvinculado xa do agrarismo, traballou en ''El Mundo''.
 
Foi correspondente da [[Real Academia Galega]].