Ku (proteína): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 115:
'''Ku''' é unha proteína que se une aos extremos do [[ADN]] onde hai roturas de dobre febra e é necesaria para a vía de [[unión de extremos non homólogos]] (NHEJ) para a [[reparación do ADN]]. A Ku está evolutivamente conservada desde as [[bacterias]] aos [[humano]]s. A Ku ancestral bacteriana é un [[homodímero]] (dúas copias da mesma proteína unidas).<ref name = "pmid11445083" >{{cite journal |vauthors=Doherty AJ, Jackson SP, Weller GR | title = Identification of bacterial homologues of the Ku DNA repair proteins | journal = FEBS Lett. | volume = 500 | issue = 3 | pages = 186–8 |date=July 2001 | pmid = 11445083 | doi = 10.1016/S0014-5793(01)02589-3| url = }}</ref> A Ku [[eukarya|eucariota]] é tamén un heterodímero, que está constituída por dous [[polipéptido]]s chamados [[Ku70]] (XRCC6) e [[Ku80]] (XRCC5), denominadas así polo [[peso molecular]] das proteínas Ku humanas, que é de arredor de 70 kDa e 80 kDa. As dúas subunidades Ku forman unha estrutura con forma de cesta que se trenza sobre os extremos rotos do ADN.<ref name = "pmid11493912"/> Unha vez unida, a Ku pode escorregar sobre a febra do ADN, o que permite que se unan máis moléculas de Ku ao extremo. Nos eucariotas superiores, a Ku forma un complexo coa [[DNA-PKcs|subunidade catalítica de proteína quinase dependente do ADN (DNA-PKcs)]] para formar a [[proteína quinase]] dependente do ADN completa, chamada DNA-PK.<ref name = "pmid2247066" >{{cite journal |vauthors=Carter T, Vancurová I, Sun I, Lou W, DeLeon S | title = A DNA-activated protein kinase from HeLa cell nuclei | journal = Mol. Cell. Biol. | volume = 10 | issue = 12 | pages = 6460–71 |date=December 1990 | pmid = 2247066 | pmc = 362923 | doi = | url = }}</ref> Pénsase que a Ku funciona como un armazón molecular ao cal se poden unir outras proteínas implicadas na [[NHEJ]], orientando a rotura de dobre febra para que sexa ligada.
 
As proteínas Ku70 e Ku80 constan de tres [[dominio proteico|dominios]] estructurais. O dominio [[N-terminal]] é un dominio alfa/beta. Este dominio só fai unha pequena contribución á interface do dímero. O dominio comprende unha [[folla beta]] de seis febras do [[pregamento de Rossmann]].<ref name="pmid10191092">{{cite journal |vauthors=Sugihara T, Wadhwa R, Kaul SC, Mitsui Y | title = A novel testis-specific metallothionein-like protein, tesmin, is an early marker of male germ cell differentiation | journal = Genomics | volume = 57 | issue = 1 | pages = 130–6 |date=April 1999 | pmid = 10191092 | doi = 10.1006/geno.1999.5756 | url = }}</ref> O dominio central de Ku70 e Ku80 é un dominio en [[barril beta]] de unión ao [[ADN]]. A Ku establece só uns poucos contactos co esqueleto azucre-fosfato, e ningún coas bases do ADN, pero axústase estericamente coa forma dos [[suco maior|sucos maior]] e [[suco menor|menor]] formando un anel que rodea o ADN, envolvendo dous xiros completos da molécula de ADN. A Ku, ao formar unha ponte entre os extremos rotos do ADN, actúa para soster estruturalmente e aliñar os extremos do ADN, para protexelos da degradación, e para previr unións indebidas co [[ADN]] que non está roto. A Ku aliña efectivamente o ADN, á vez que permite o acceso das [[polimerase]]s, [[nuclease]]s e [[ligase]]s aos extremos rotos do ADN para promover a unión de ditos extremos.<ref name="pmid11483577">{{cite journal |vauthors=Aravind L, Koonin EV | title = Prokaryotic homologs of the eukaryotic DNA-end-binding protein Ku, novel domains in the Ku protein and prediction of a prokaryotic double-strand break repair system | journal = Genome Res. | volume = 11 | issue = 8 | pages = 1365–74 |date=August 2001 | pmid = 11483577 | pmc = 311082 | doi = 10.1101/gr.181001 | url = }}</ref> O brazo [[C-terminal]] é unha rexión en [[hélice alfa]], que rodea o dominio en [[barril beta]] central da subunidade oposta.<ref name="pmid11493912"/> Nalgúns casos hai un cuarto dominio no [[C-terminal]], que se une á subunidade catalítica de proteína quinase unida ao ADN.<ref name="pmid14672664">{{cite journal |vauthors=Harris R, Esposito D, Sankar A, Maman JD, Hinks JA, Pearl LH, Driscoll PC | title = The 3D solution structure of the C-terminal region of Ku86 (Ku86CTR) | journal = J. Mol. Biol. | volume = 335 | issue = 2 | pages = 573–82 |date=January 2004 | pmid = 14672664 | doi = 10.1016/j.jmb.2003.10.047| url = }}</ref>
 
Ambas as subunidades da Ku foron sometidas experimentalmente a [[knockout de xenes|knockout]] en ratos. Estes ratos mostran [[anormalidades cromosómicas|inestabilidade cromosómica]], que indica que o NHEJ é importante para o mantemento do xenoma.<ref name = "pmid10761921" >{{cite journal |vauthors=Difilippantonio MJ, Zhu J, Chen HT, Meffre E, Nussenzweig MC, Max EE, Ried T, Nussenzweig A | title = DNA repair protein Ku80 suppresses chromosomal aberrations and malignant transformation | journal = Nature | volume = 404 | issue = 6777 | pages = 510–4 |date=March 2000 | pmid = 10761921 | doi = 10.1038/35006670 | url = }}</ref><ref name = "pmid10823907" >{{cite journal |vauthors=Ferguson DO, Sekiguchi JM, Chang S, Frank KM, Gao Y, DePinho RA, Alt FW | title = The nonhomologous end-joining pathway of DNA repair is required for genomic stability and the suppression of translocations | journal = Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. | volume = 97 | issue = 12 | pages = 6630–3 |date=June 2000 | pmid=10823907 | pmc = 18682 | doi = 10.1073/pnas.110152897 | url = }}</ref>