Maximiliano I de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2426112
Liña 7:
A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no [[México]] - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de [[Francia]], de [[Inglaterra]] e da [[Santa Sé]]. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.
 
[[Ficheiro:Manet Maximilian.jpg|miniatura|Execución do emperador Maximiliano, en [[1867]]. Óleo sobre telatea de [[Édouard Manet]] ([[1866]]-[[1868]]).]]
 
Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de [[Benito Juárez]], os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes ([[1865]]). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron ([[1866]]-[[1867]]), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en [[Santiago de Querétaro]], foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e [[fusilamento|fusilado]] xunto cos seus xenerais [[Tomás Mejía]] e [[Miguel Miramón]].