Saná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=talvez e contracción de con + artigo
Liña 57:
A uns 15 km, no noroeste de Saná, nunha fenda entre montañas ábrese unha verde valgada fértil todo o ano, no que medran unha grande variedade de froitas mediterráneas. É o val chamado [[Wadi Dhahr]], percorrido por un torrente seco (o termo Wadi significa 'torrente'), que durante a estación dos [[monzón]]s recolle e énchese con as abundantes choivas.
 
Neste val xorde o Palacio da Rocha (Dar al-Hajar), un dos sitios máis fotografados do [[Iemen]], que se ten convertido nun símbolo do país tal veztalvez pola súa insólita posición. Dar al-Hajar é un sorprendente edificio de 5 plantas, construído encima dunha formación rochosa. Foi levantado en torno aos anos da década de 1930, por designio do [[imán]] Yahya como residencia estival, sobre das ruínas dun edificio anterior. Na actualidade o palacio é propiedade do goberno. En [[1990]] unha asociación alemá financiou a reestruturación do palacio, que foi transformado nun museo, no que a mesma vivenda é o principal obxecto, que periodicamente acolla mostras fotográficas.
 
== Curiosidades ==
No ano [[1970]] [[Pier Paolo Pasolini]] rodou en Saná escenas do filme ''Le mille e una notte''; no derradeiro día da rodaxe, impresionado pola fermosura da cidade, decidiu rodar '''Le mura di Sana'a'', un breve [[documental]], con oco cal chamar a atención da [[UNESCO]] para que decidise protexer e conservar as belezas da antiga cidade como patrimonio histórico-cultural de toda a humanidade. A chamada de atención de [[Pier Paolo Pasolini|Pasolini]] foi atendida e en [[1986]] a cidade vella de Saná foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]].
 
== Galería de imaxes ==