Iberia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=talvez e http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2451486
Liña 5:
 
== Trazos xerais ==
O coñecemento da [[Península Ibérica]] como entidade xeográfica foi un proceso lento, con retrocesos e relatos lendarios. A lonxanía co foco da cultura antiga era notábel, e descoñecemos cal era o coñecemento que puideron ter gregos e [[fenicio]]s da súa xeografía. O interese de ambos os pobos naqueles tempos era simplemente económico, por tanto suponse que tal veztalvez terían bastante información sobre o litoral e dalgunhas rexións do interior.
 
Os historiadores cren que o pobo fenicio manexaba datos xeográficos de grande interese para elles e que incluso existiron textos con abundante información. Sábese que no [[século -I|século I a. C.]], o sabio e erudito rei [[Juba]] de Mauritania logrou reunir unha grande biblioteca con textos e literatura fenicia, e que no ano [[100]] da nosa era, o xeógrafo xudeu [[Marino de Tiro]] (Fenicia), tivo un grande acopio de material para poder compoñer o seu mapa do orbe, mapa que serviu en grande medida ao científico [[Claudio Ptolomeo]]. Mais nin os gregos nin os [[Roma Antiga|romanos]] prestaron grande atención a estes escritos e non os conservaron nin os traduciron, e esta é unha das razóns pola que non chegaron até os nosos días.