San Sebastián de los Reyes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ayuntamiento-Sanse.jpg|miniatura|300px|Praza da Constitución de San Sebastián de los Reyes.]]'''San Sebastián de los Reyes''' é un [[municipio]] [[España|español]] da [[Comunidade de Madrid]] situado a 20 [[quilómetro]]s ao [[norte]] da [[capital]] española, [[Madrid]]. É popularmente coñecido como «Sanse» e debido aos [[encerro de touros|encerros]] das súas festas, tamén é coñecida como "A Pamplona chica".
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:SanseAlcobendasAire.JPG|miniatura|300px|San Sebastián de los Reyes e Alcobendas desde un avión. Poden verse tamén a Dehesa Boyal e a Nacional I.]]
A localidade atópase ao pé do [[Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares]]. O termo municipal é cruzado por varios arroios: Valconejero, Quiñones, de la Vega, Valdelamasa e El Bodonal; todos eles, afluentes do [[río Jarama]], que tamén discorre polo seu termo municipal.
 
O municipio de San Sebastián de los Reyes limita ao sur con [[Alcobendas]], separados tan só por unha rúa, a Avenida de España. Ao oeste limita con [[Madrid]], ao norte con [[Colmenar Viejo]] e ao leste con [[Algete]], [[Cobeña]] e [[Paracuellos delde Jarama]].
 
Destaca a súa complexa [[orografía]], con notables desniveis desde os seus puntos máis baixos, na limítrofe Avenida de [[España]] a 705 metros (val do antigo Arroio de Entrepueblos) e os máis altos, nos que fosen os cerros do Caravel (no casco histórico) e Santa Bárbara (Praza de Andrés a 730 metros). O punto máis alto do municipio está a 780 metros na [[Dehesa Boyal de San Sebastián de los Reyes|Dehesa Boyal]].