Reino de Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 51:
En [[1734]], [[Carlos III de España|Carlos de Borbón]], por entón Duque de [[Toscana]] e fillo de [[Filipe V de España|Filipe V]] de [[España]], logo de vencer aos [[Austria|austríacos]], apoderouse de [[Nápoles]] coa axuda española, recuperando o territorio para os Borbóns e sendo recoñecido moi pronto por [[Francia]] (en virtude do Primeiro Pacto de Familia). En [[1737]] recoñecérono tamén os [[Estados Pontificios]] e, a continuación, o resto dos Estados italianos.
 
[[Carlos III de España|Carlos VII de Borbón]] e a súa dona [[María Amalia de Saxonia]] foron moi queridos polos seus súbditos e eles traballaron para gañarse ese agarimo, ao pouco tempo de ser o Rei trouxo reformas e a modernidade ao seu novo país, logrando axiña a unidade do pobo e o favoritismo deste para o seu Rei. Tanto el como os seus descendentes lograron gobernar, reformar e modernizar ao novo estado e ademais lograron o que moi poucos gobernantes puideron que é o amor dos suxeitos que ningunha outra dinastía tivo no curso dos séculos (se non de xeito menor), e que se manifestou abertamente durante os anos da invasión napoleónica e durante os seguintes á caída do Reino en mans dos [[Casa de Savoia|Savoia]], para lograr a unificación de [[Italia]]. En [[1816]], o fillo e sucesor no trono napolitano de Carlos VII (III de España), [[Fernando I dedas BorbónDúas Sicilias|Fernando IV]] cambiou a denominación do Reino, Nápoles-Sicilia, por '''Dúas-Sicilias'''.
 
Finalmente [[Francisco II das Dúas Sicilias|Francisco II]], tras perder o apoio do pobo e sufrir varias derrotas a mans dos ''[[Camisas Vermellas]]'' de [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] vese forzado a capitular e entregar os seus territorios a [[Víctor Manuel II]] de [[Piemonte]]-[[Sardeña]] en [[1860]], que nun futuro pasará a ser o novo rei dunha [[Italia]] unificada. Con esta conquista, o Reino das [[Reino das Dúas Sicilias|Dúas Sicilias]] deixa de existir como estado independente.