Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-eleción +elección); cambios estética
 
[[Ficheiro:Pablo Iglesias1.jpg|miniatura|[[Pablo Iglesias]], fundador do PSOE.]]
== Historia ==
=== Orixes ===
O PSOE foi o segundo partido socialista e obreiro que se fundou no mundo (só o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD) se fundara con anterioridade), concretamente o 2 de maio de 1879 xúntanse de forma clandestina para fundalo un pequeno núcleo de intelectuais e obreiros (na súa maioría tipógrafos) encabezados por Pablo Iglesias, o [[20 de xullo]] aprobou o seu primeira programa nunha asemblea na que participaron 40 persoas. ''El Socialista'', o seu órgano de difusión apareceu en 1886, celebrou o seu primeiro Congreso en [[Barcelona]] en [[1888]]. En 1903 organizáronse as [[Juventudes Socialistas de España]]. Conseguiu representación parlamentaria por primeira vez nas eleccións do [[8 de maio]] de [[1910]], cando a ''Conxunción Republicano-Socialista'' permitiulle a [[Pablo Iglesias]] obter 40.899 sufraxios e o título de deputado a Cortes.<ref>[http://www.psoe.es/ambito/historiapsoe/docs/index.do?action=View&id=993 ''«El desarrollo de la organización socialista (1879-1921)»'']. Plana web oficial del PSOE</ref> Foi reelixido en [[1914]], en vésperas do asasinato de [[Jean Jaurés]], con 21.956 sufraxios, esta vez presentándose por [[Oviedo]]. O [[9 de abril]] de [[1916]] repetiu escano con 18.054 sufraxios. O [[24 de febreiro]] de [[1918]] Iglesias obtivo 27.694 votos, e por primeira vez estivo acompañado por outros socialistas: [[Julián Besteiro]], [[Andrés Saborit]], [[Francisco Largo Caballero]], [[Daniel Anguiano]] e [[Indalecio Prieto]], perseguidos en [[1917]] pola súa participación nunha folga xeral revolucionaria.
 
Un sector minoritario (no que se encontraba a nova [[Federación Nacional de Juventudes Socialistas]]), partidario de ingresar sen dilacións no [[Komintern]], anunciou a súa escisión do PSOE e a fundación do [[Partido Comunista Obrero Español]], que se fusionou co [[Partido Comunista Español]] no [[Partido Comunista de España]], único partido español adherido ó [[Komintern]] en [[1921]].
 
=== A ditadura de Primo de Rivera e a II República ===
 
Así mesmo, o PSOE foi o único partido ó que se lle permitiu permanecer na legalidade durante a ditadura do Xeneral [[Miguel Primo de Rivera]], pois aínda que [[Pablo Iglesias]] asina o [[13 de setembro]] de [[1923]] o manifesto contra a ditadura, como presidente do partido e da UXT, produciuse unha división no seu seo ante a actitude que debía manterse fronte ao réxime militar. Por un lado, Largo Caballero e Saborit eran partidarios dunha certa colaboración para permitir o funcionamento do sindicato, mentres que Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos eran contrarios a esa colaboración. A crise finalizou coa dimisión da Comisión Executiva de Prieto tras o nomeamento de Largo Caballero como Conselleiro de Estado de Primo de Rivera.
Baixo os auspicios do partido, vótase no [[1931]] a favor da participación das mulleres como electoras, postura defendida por [[Clara Campoamor]] en contra de parte dos seus propios compañeiros, que defendían un atraso en dita concesión de voto debido á influencia da igrexa nas mulleres.
 
=== O PSOE durante o franquismo ===
O PSOE foi ilegalizado durante o período posterior á [[Guerra Civil española]], como o foron todos os demais partidos e organizacións políticas a excepción dos pertencentes ó denominado [[Bando nacional|Movemento Nacional]] (o partido único [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]] e o seu sindicato vertical, a [[Central Nacional Sindicalista]]), os militantes e dirixentes que sobreviviron á guerra e permaneceron en España sufriron a represión ou permaneceron no silencio mentres o PSOE mantiña a súa estrutura no exilio.
 
En [[1942]] reorganizouse no interior con 300 comités locais nos penais e campos de concentración. En [[1944]] formouse a primeira Comisión Executiva no interior detida catro meses despois. Ata [[1953]], as seis executivas do interior foron desmanteladas pola policía e presos os seus dirixentes, ano no que era asasinado o Presidente, [[Tomás Centeno]], na sede da Dirección Xeral de Seguridade, hoxe sede do Goberno da Comunidade de [[Madrid]]. En xeral en [[España]], o PSOE tivo unha actividade clandestina moi inferior á do [[PCE]], e practicamente inexistente en moitos territorios como foi o caso de [[Galicia]].
 
=== Tras a transición á democracia ===
A renovación ideolóxica e política iniciada a comezos dos setenta e culminada no [[Congreso de Suresnes]] en [[1974]], que se impuxo ao PSOE do exilio que dirixía Rodolfo Llopis o PSOE do interior dirixido por Felipe González e unha nova xeración de socialistas, co apoio e a solidariedade da [[Internacional Socialista]], puxo ó PSOE en condicións de ser protagonista activo da transición e lle permitiu converterse no primeiro partido da oposición nas primeiras eleccións democráticas de [[1977]]. O apoio obtido polos socialistas e por quen propoñían un proceso materialmente constituínte, evitou que se impuxeran os que pretendían as reformas das institucións da ditadura. O PSOE, coas súas propias achegas e con algunha expresa renuncia de algúns dos seus postulados sensibles en aras do acordo colectivo, contribuíu decisivamente a alcanzar o consenso do que xurdiría a actual [[Constitución española de 1978]]. Dende a oposición cooperou no desenvolvemento inicial da mesma, e articulou unha alternativa política da que se nutrirían moitos dos seus futuros proxectos.
 
Tras o intento golpista de [[1981]] o PSOE asumiu, dende a oposición, o liderado alternativo de goberno, contribuíndo decisivamente á estabilidade política, á consolidación da transición, ó afianzamento da democracia, fortalecendo así as expectativas de troco.
 
=== O PSOE no goberno ===
Nas eleccións de 1982 o PSOE conseguiu máis de 10 millóns de votos e maioría absoluta, Felipe González asumiu a presidencia do goberno e durante catro lexislaturas, as dúas primeiras con maioría absoluta, o PSOE gobernou España, chegando a gobernar consecutivamente case 14 anos dos 26 anos de normalidade democrática. Atesourou ó longo dese período un inmenso caudal político que lle permitiu transformar o país nos máis diversos campos, por medio da súa xestión en concellos, comunidades autónomas e no goberno de España. O goberno do PSOE asegurou a estabilidade democrática, en risco tras o intento de [[golpe de Estado]] de 1981, consagrou definitivamente a hexemonía do poder civil e integrou España na [[Comunidade Económica Europea]]
 
En [[1997]], [[Felipe González]] renuncia á secretaría xeral e é relevado por [[Joaquín Almunia]]. Nas primarias do [[24 de abril]] de [[1998]], Joaquín Almunia, candidato oficial perde fronte a [[Josep Borrell]], máis carismático, que ten que renunciar debido ás presións dos medios e da dirección do partido e a problemas de saúde.
 
Nas eleciónseleccións do [[12 de marzo]] de [[2000]], o [[Partido Popular]] volve a gañar as eleccións, esta vez por maioría absoluta. Ese mesmo día, Joaquín Almunia presenta a súa dimisión. No 35 congreso, celebrado do 21 ao 23 de xullo de [[2000]] é elixido secretario xeral [[José Luis Rodríguez Zapatero]].
 
=== Liderado de José Luis Rodríguez Zapatero (2000-2012) ===
|}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Artigos relacionados ===
* [[Partido Socialista Obrero Español en Galicia]]
* [[Partido dos Socialistas de Galicia]]
* [[Xuventudes Socialistas de Galicia]]
=== Bibliografía ===
* {{Cita publicación|título=El PSOE y la nación en España, 1974-1978. ¿Oportunismo o ideología? La ambigüedad en el PSOE|nome=Vega|apelido=Rodríguez-Flores Parra|publicación=Nuevos horizontes del pasado: culturas políticas, identidades y formas de representación|outros=Obra colectiva coordinada por [[Ángeles Barrio Alonso]], Jorge de Hoyos Puente, Rebeca Saavedra Arias|ano=2011|ISBN=978-84-8102-607-8|url=https://web.archive.org/web/20141112134118/http://www.unican.es/NR/rdonlyres/0000e2c1/oriieuixiuktggvpekbmbmzdmrdlnumx/VegaRodr%C3%ADguezFloresElPSOEylaNaci%C3%B3nenEspa%C3%B1a19741978.pdf}}
* {{Cita publicación|título=The Spanish Socialist Workers Party (PSOE), 1879-1988: from Republican to Liberal Socialism|nome=Fernando|apelido=Aguiar González|publicación=Documentos de trabajo (Instituto de Estudios Sociales Avanzados de Andalucía)|número=19|ano=2006|url=http://digital.csic.es/bitstream/10261/2061/1/19-06.pdf}}
381.287

edicións