Campionato de Galicia de fútbol 1928/29: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *ordeou
Liña 1:
O '''Campionato de Galicia''' da '''Serie A 1928/29''' foi a décimo quinta edición do [[Campionato de Galicia de fútbol|Campionato de Galicia]] de [[fútbol]] organizado pola [[Federación Galega de Fútbol]]. Comezou en outubro de [[1928]] e rematou en agosto de [[1929]]. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a [[Copa do Rei de fútbol|Copa de España]]<ref>[http://www.linguasport.com/futbol/nacional/copa/Copa29.htm Copa del Rey Alfonso XIII 1928-29] linguasport.com</ref>.
 
Participaron o [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]], o [[Eiriña Club de Fútbol]], o [[Deportivo da Coruña]], o [[Racing Club de Ferrol]], o Emden Foot-ball Club e o [[Unión Sporting Club]]. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]] e subcampión o [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]]<ref>{{cita web |título=El campeonato gallego, aclarado |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106301&presentacion=pagina&posicion=8 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.495 |data=5 de decembro de 1928 |páxina=8 |lingua=castelán }}</ref>.
 
==Calendario==
Liña 117:
 
=== Suspensión do Eiriña−Celta ===
O 4 de decembro disputouse en [[Pontevedra]] o partido da última xornada do campionato entre o [[Eiriña Club de Fútbol|Eiriña]] e o [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]]. Actou como árbitro [[Manuel de Castro González|Handicap]], cuxas decisións suscitaron o enfado do público e acabaron por provoca-la invasión do campo por parte dos seareiros eiriñistas, que consideraban parcial a súa arbitraxe (anulou un gol e non asubiou un penalti a favor dos locais). Para evitar altercados, o delegado do [[gobernador civil]] de [[provincia de Pontevedra|Pontevedra]] saltou ó campo, suspendeu o partido (aínda faltaban 25 minutos para o final)<ref>{{cita web |título=Notas de Sport |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1029157&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Diario de Pontevedra nº 13.197 |data=5 de decembro de 1928 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref> e ordeouordenou o arresto de Handicap, que máis tarde sería posto en liberdade por orde do propio gobernador<ref>{{cita web |título=En Pontevedra. Un partido accidentadísimo |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106301&presentacion=pagina&posicion=8 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.495 |data=5 de decembro de 1928 |páxina=8 |lingua=castelán }}</ref>. O Eiriña formalizou unha queixa ante a [[Federación Galega de Fútbol]], a cal acordou repeti-lo partido o 8 de decembro baixo a dirección dun árbitro [[Cantabria|cántabro]] e decidiu inhabilitar a Handicap<ref name="fgf-eir-cel">{{cita web |título=De Sport |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1121973&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=Progreso: diario independiente nº 10.653 |data=8 de decembro de 1928 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>.
 
== Notas ==