Pont du Gard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m *deterioro->deterioración
Liña 16:
Foi construído por enteiro sen auxilio de [[morteiro]], mais os bloques pétreos -algúns de seis toneladas de peso- están sostidos con pezas de ferro. Son de pedra calcárea, obtidos dunha pedreira situada a menos de 1 km do monumento. Os [[perpiaño]]s eran erguidos por medio dunha roda, movida polos obreiros, que fornecía a potencia necesaria a unha [[cabria]]. Para soster a ponte foi precisa unha [[andamio|andamiaxe]] complexa, da que fican trazas na fachada da ponte como sinais de apoios e arestas saíntes nas pilastras. Suponse que a contrución debeu durar tres anos, empregándose entre 800 e 1.000 obreiros no obradoiro.
 
O [[mestre de obra]]s, descoñecido, debeu ser un extraordinario enxeñeiro. A Pont du Gard presenta, de feito, unha característica única na Antigüidade: cada unha das grandes bóvedas resulta da xustaposición de varias bóvedas independentes (catro no corpo inferior e tres no segundo), o que outorga ao conxunto a capacidade de adaptarse a lixeiros movementos e deteriorosdeterioracións, inevitábeles co paso de tempo. Xunto aos excelentes fundamentos da obra e da construción, de seguro permitiron resistir o paso dos séculos á Pont du Gard. Esa partición da bóveda á xeito de [[anel|aneis]] independentes non se atopa máis que na zona de Narbona: pontes romanas de Sommières, Boisseron, Ambrussum, Nages e Solorgues.
 
O conduto da auga, sito no terceiro nivel ou corpo, está construído de [[morteiro]] e [[cascallo]], con a paredes de [[morrillo]]. Ten asegurada a súa [[estanco|estanqueidade]] cunha recubrición por medio doutro morteiro vermellizo (misturado con barro de tella). As dimensións dos túnel permiten que un home poda facer as reparación con comodidade.