Diferenzas entre revisións de «Serra Madre Occidental»

m
*deterioro->deterioración
m (Arranxos varios using AWB)
m (*deterioro->deterioración)
 
[[Ficheiro:Huentitan canyon and santiago river.jpg|miniatura|esquerda|Barranca de Huentitán en Xalisco, é o comezo meridional da Serra Madre Occidental.]]
 
A Serra Madre Occidental é o pulmón da zona norte de México; cuberta por grandes bosques de [[Pinus|piñeiros]], [[aciñeira]]s e oyameis (oyamel, verba [[nahuatl]]) ([[abies religiosa]] e [[abies procera]]), que nos últimos anos sufriron ununha grave deteriorodeterioración. A cadea alberga numerosas especies endémicas, cunha ampla variedade de [[flora]] e [[fauna]]. Segundo o ''Biodiversity Management of the Madrean Archipelago Report'' de [[1994]], até esa data a Serra Madre Occidental contaba con máis de sete mil especies de plantas, das cales catro mil eran [[endemismo|endémicas]]. Mentres que outras zonas boscosas do mundo contan con catro ou cinco especies de piñeiros en cada ecosistema, na Serra Madre Occidental atópanse quince diferentes, máis unhas 25 de aciñeiras. Non obstante, os cortes forestais incontrolados dos últimos 120 anos deteriorou considerablemente o ecosistema, acabando con numerosas especies e poñendo outras ao bordo da [[extinción]]. Estudos realizados por [[J. Martjan Lammertink]], [[Jorge A. Rojas Tomé]], [[Federico M. Casillas Orona]] e [[Roger L. Otto]] permitiron determinar que practicamente todo o bosque da Serra Madre Occidental foi sometido a programas de aproveitamento forestal.
 
Na Serra existen polo menos 517 especies de fauna: 290 de [[aves]], 70 de [[mamífero]]s, 87 de [[réptil]]es, 20 de [[amphibia|anfibios]] e 50 de [[peixes]]. Entre os mamíferos sobresaen o [[esquío]], a [[mofeta]], varias especies de [[morcegos]], o [[coiote]], o [[Meleagris|pavo]] salvaxe, o [[Dasypodidae|armadillo]], o [[veado de cola branca]], a [[donicela]], o [[xabaril]], o [[teixugo americano|teixugo]], o [[puma]], o [[xaguar]], o [[ocelote]] e o [[gato montés]]. Aínda que están en perigo de extinción, aínda existen no máis recóndito da [[Serra Tarahumara|Tarahumara]] o [[puma]], e o [[oso negro]].